Gabriel Milito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Campionatos nacionais: Supercopa de España de Fútbol
ToloBot (conversa | contribucións)
m minúscula
Liña 48: Liña 48:
En [[2003]] fichou polo [[Real Zaragoza]], despois de que o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]] descartáseo por uns problemas físicos no seu xeonllo dereito, da que fora operado en 2001. No conxunto "maño" realizou catro tempadas rendendo a un nivel altísimo, xogando todos os partidos de Liga e Copa do Rei nestes anos. En Zaragoza chegou a ser un gran líder, sendo unha icona tamén para a afección blanquilla que aínda segue recordando a súa gran etapa. Ao ano de chegar a Zaragoza gañou a [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]].<ref>[http://www.aragondigital.com/asp/noticia.asp?notid=35540 ¡Ata sempre, mariscal!]</ref>
En [[2003]] fichou polo [[Real Zaragoza]], despois de que o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]] descartáseo por uns problemas físicos no seu xeonllo dereito, da que fora operado en 2001. No conxunto "maño" realizou catro tempadas rendendo a un nivel altísimo, xogando todos os partidos de Liga e Copa do Rei nestes anos. En Zaragoza chegou a ser un gran líder, sendo unha icona tamén para a afección blanquilla que aínda segue recordando a súa gran etapa. Ao ano de chegar a Zaragoza gañou a [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]].<ref>[http://www.aragondigital.com/asp/noticia.asp?notid=35540 ¡Ata sempre, mariscal!]</ref>


En [[2007]] ficha polo [[FC Barcelona]] por 20,5 millóns de [[euros]] por 4 tempadas e unha cláusula de rescisión de 90 millóns de €.<ref>{{Cita Web
En [[2007]] ficha polo [[FC Barcelona]] por 20,5 millóns de [[euros]] por 4 tempadas e unha cláusula de rescisión de 90 millóns de €.<ref>{{Cita web
| url = http://www.20minutos.es/noticia/258449/0/milito/fichaje/barca/
| url = http://www.20minutos.es/noticia/258449/0/milito/fichaje/barca/
| título = Begiristain: "Milito era a mellor opción" - 20minutos.es
| título = Begiristain: "Milito era a mellor opción" - 20minutos.es
Liña 57: Liña 57:
Debutou co club azulgrana o día [[15 de agosto]] de [[2007]] ante o [[Bayern de Múnic]]. Saíu na segunda parte para suplir a [[Lilian Thuram]]. O partido, correspondente ao [[Trofeo Joan Gamper]], gañouno o Barcelona por 4-0.
Debutou co club azulgrana o día [[15 de agosto]] de [[2007]] ante o [[Bayern de Múnic]]. Saíu na segunda parte para suplir a [[Lilian Thuram]]. O partido, correspondente ao [[Trofeo Joan Gamper]], gañouno o Barcelona por 4-0.


O [[29 de abril]] de [[2008]], contra o [[Manchester United Football Club|Manchester United]] na Liga de Campións, Milito vólvese a lesionar gravemente do xeonllo dereito estando como mínimo entre 6 a 12 meses de baixa.<ref>{{Cita Web
O [[29 de abril]] de [[2008]], contra o [[Manchester United Football Club|Manchester United]] na Liga de Campións, Milito vólvese a lesionar gravemente do xeonllo dereito estando como mínimo entre 6 a 12 meses de baixa.<ref>{{Cita web
| url = http://www.as.com/futbol/articulo/milito-estara-meses-baja/dasftb/20080505dasdasftb_4/Tes
| url = http://www.as.com/futbol/articulo/milito-estara-meses-baja/dasftb/20080505dasdasftb_4/Tes
| título = primera | barcelona: Milito estará seis meses de baixa - AS.com
| título = primera | barcelona: Milito estará seis meses de baixa - AS.com

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 14:15

Modelo:InfFut2 Gabriel Alejandro Milito, nado en Bernal (Bos Aires) o 7 de setembro de 1980, é un futbolista arxentino. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o CA Independiente.

Traxectoria

Naceu en Bernal, na provincia de Bos Aires, en Arxentina. É o irmán menor do dianteiro do Inter de Milán Diego Milito. Xoga de defensa (normalmente de central ou de líbero). Ten unha boa visión de xogo en canto a pases longos e un gran remate de cabeza. Xogou tamén nun club chamado "Viejo Bueno" (Quilmes) co seu irmán Diego Milito.

Fixo as inferiores e debutou en Primeira División no seu primeiro equipo, Indepiendente de Avellaneda onde xogou desde 1997 ata 2003 e gañou o Torneo Apertura 2002 sendo o capitán e unha da principais figuras dese equipo.

En 2003 fichou polo Real Zaragoza, despois de que o Real Madrid descartáseo por uns problemas físicos no seu xeonllo dereito, da que fora operado en 2001. No conxunto "maño" realizou catro tempadas rendendo a un nivel altísimo, xogando todos os partidos de Liga e Copa do Rei nestes anos. En Zaragoza chegou a ser un gran líder, sendo unha icona tamén para a afección blanquilla que aínda segue recordando a súa gran etapa. Ao ano de chegar a Zaragoza gañou a Copa do Rei.[1]

En 2007 ficha polo FC Barcelona por 20,5 millóns de euros por 4 tempadas e unha cláusula de rescisión de 90 millóns de €.[2] O eterno rival, Real Madrid, descartouno no seu día seguindo as recomendacións dos servizos médicos do club que prognosticaron que o seu xeonllo dereito podería sufrir lesións no futuro e desde Madrid temíase que seguise alcanzando os grandes niveis de fútbol que alcanzou en Zaragoza. Pero 10 meses despois aínda que o seu xeonllo dereito continuaba en perfecto estado foi a esquerda a que rompeu.

O 19 de xullo de 2007 realizou a revisión médica satisfactoriamente e posteriormente foi presentado co dorsal 12, pero finalmente outórgaselle ao comezo da Tempada 2007-2008 o número 3.

Debutou co club azulgrana o día 15 de agosto de 2007 ante o Bayern de Múnic. Saíu na segunda parte para suplir a Lilian Thuram. O partido, correspondente ao Trofeo Joan Gamper, gañouno o Barcelona por 4-0.

O 29 de abril de 2008, contra o Manchester United na Liga de Campións, Milito vólvese a lesionar gravemente do xeonllo dereito estando como mínimo entre 6 a 12 meses de baixa.[3] A operación do arxentino foi complicada, xa que tivo que ser intervido en ambos os xeonllos para extraer da esquerda un anaco do tendón rotuliano para inserirllo na dereita, a danada.

Para a tempada 2008-2009 cambiou o dorsal número 3 que levou na tempada 2007-2008 polo dorsal 18. O 26 de febreiro de 2009, Gabriel volve adestrar cos seus compañeiros aínda que aínda non ten o alta médica para xogar todo un partido. Pero, como a operación do 13 de maio de 2008 non acabou cos seus problemas, o 6 de xuño de 2009, tras trece meses de baixa cando o diagnóstico inicial era de seis, o xogador ten que ser sometido a unha nova artroscopia no seu xeonllo dereito co obxectivo de solucionar os problemas que arrastra.

O 30 de novembro de 2009 Milito recibiu o alta médica e o xoves 7 de xaneiro do 2010 volveu xogar de titular logo de 18 meses de recuperación, a prensa cualificou como positiva o labor do veterano traseiro central.

Selección nacional

En 1999 formou parte da Selección xuvenil que gañou o Campionato Suramericano Sub-20 disputado en Arxentina.

En 2005 participou na Copa FIFA Confederacións realizada en Alemaña, onde a Arxentina chegou á final do torneo, pero perdeu fronte a Brasil.

En 2006 disputou o Mundial de Alemaña, Arxentina caeu por penais en cuartos de final fronte aos anfitrións.

En 2007 xogou a Copa América de Venezuela, na cal terminou subcampión por detrás de Brasil.

Participacións en Copas do Mundo

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2006 Alemaña Cuartos de final

Palmarés

Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Torneo Apertura Independiente Arxentina 2002
Copa do Rei Real Zaragoza España España 2004
Supercopa de España Real Zaragoza España España 2004
Copa do Rei FC Barcelona España España 2009
Liga Española FC Barcelona España España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España España 2009
Liga Española FC Barcelona España España 2010
Supercopa de España FC Barcelona España España 2010
Liga Española FC Barcelona España España 2011

Campionatos internacionais

Título Club(*) País Ano
Sudamericano Sub-20 Selección arxentina Arxentina 1999
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona Roma 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona Mónaco 2009
Copa Mundial de Clubs FC Barcelona Abu Dabi 2009
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona Londres 2011

(*) Incluíndo a selección nacional.

Notas

  1. ¡Ata sempre, mariscal!
  2. "Begiristain: "Milito era a mellor opción" - 20minutos.es". 
  3. "primera".  Texto " barcelona: Milito estará seis meses de baixa - AS.com " ignorado (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas