Teodorico o Grande: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
'''Teodorico o Grande''' ([[Dacia]], [[454]] - [[Ravenna]], [[526]]). Rei dos [[ostrogodos]] ([[474]]-[[526]]). Fillo do caudillo ostrogodo [[Teodomiro (rei ostrogodo)|Teodomiro]], da liñaxe dos Amalos, foi enviado polo seu pai como refén á cidade de [[Constantinopla]] (actual [[Istambul]]), sendo un neno ([[462]]). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en [[474]] ao seu pai, como líder dos ostrogodos.

[[Ficheiro:Ostrogothic Kingdom.png|miniatura|right|200px|Reino de Teodorico o Grande]]
[[Ficheiro:Ostrogothic Kingdom.png|miniatura|dereita|200px|Reino de Teodorico o Grande]]

Foi nomeado ''patricio'' e ''magister militum'' polo augusto [[Zenón, Emperador|Zenón]], emperador de Oriente. Este en [[488]] cedeulle o goberno de [[Italia]] coa condición de vencer a [[Odoacro]], rei dos [[hérulos]] que depuxera a [[Rómulo Augústulo]], último [[Imperio Romano de Occidente|emperador romano de Occidente]] ([[476]]). Teodorico penetrou na península itálica á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar [[Ravenna]], onde finalmente morreu Odoacro ([[493]]).

Liña 7: Liña 7:
Proclamouse rei de Italia ([[494]]) fixando a súa residencia en [[Ravenna]] e foi recoñecido como ''rex Italiae'' polo augusto [[Anastasio I, Emperador|Anastasio]], emperador de Oriente, en [[497]], a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión [[Arianismo|ariana]], que retiveron o poder militar, e os romanos, católicos, que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.

[[Ficheiro:RavennaMausoleum.jpg|miniatura|right|200px|O [[Mausoleo de Teodorico]] en [[Ravenna]]]]
[[Ficheiro:RavennaMausoleum.jpg|miniatura|dereita|200px|O [[Mausoleo de Teodorico]] en [[Ravenna]]]]

Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como [[Anicio Boecio|Boecio]] e [[Casiodoro]].
Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como [[Anicio Boecio|Boecio]] e [[Casiodoro]].

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 17:29

Teodorico o Grande (Dacia, 454 - Ravenna, 526). Rei dos ostrogodos (474-526). Fillo do caudillo ostrogodo Teodomiro, da liñaxe dos Amalos, foi enviado polo seu pai como refén á cidade de Constantinopla (actual Istambul), sendo un neno (462). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en 474 ao seu pai, como líder dos ostrogodos.

Reino de Teodorico o Grande

Foi nomeado patricio e magister militum polo augusto Zenón, emperador de Oriente. Este en 488 cedeulle o goberno de Italia coa condición de vencer a Odoacro, rei dos hérulos que depuxera a Rómulo Augústulo, último emperador romano de Occidente (476). Teodorico penetrou na península itálica á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar Ravenna, onde finalmente morreu Odoacro (493).

Proclamouse rei de Italia (494) fixando a súa residencia en Ravenna e foi recoñecido como rex Italiae polo augusto Anastasio, emperador de Oriente, en 497, a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión ariana, que retiveron o poder militar, e os romanos, católicos, que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.

O Mausoleo de Teodorico en Ravenna

Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como Boecio e Casiodoro. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a francos, vándalos, visigodos e ostrogodos. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.

En 511 interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de Alarico II na batalla de Vouillé (507), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador Xesaleico e coroou ao seu neto Amalarico, fillo de Alarico e da súa filla Tindigota. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo (526), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.

Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Ravenna, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.

Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co Papado e co Imperio Bizantino, que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio (524) e a encarcerar ao papa Xoán I.

Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla Amalasunta, falecendo o 30 de agosto do 526. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador Xustiniano converter Italia nunha nova provincia bizantina e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo (555).

Reino ostrogodo

Segue a:
Teodomiro
Teodorico o Grande
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Reino de Italia

Segue a:
Odoacro
Teodorico o Grande
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Reino visigodo

Segue a:
Xesaleico
Teodorico o Grande
Precede a:
{{{DESPOIS}}}

Modelo:Link FA