Solubilidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:SolubilityVsTemperature.png|right|200px]]
[[Ficheiro:SolubilityVsTemperature.png|dereita|200px]]
A '''solubilidade''' é unha medida da [[capacidade]] dunha determinada [[substancia]] para disolverse nun [[líquido]]. Pode expresarse en [[mol]]es por [[litro]], en [[gramo]]s por litro ou en porcentaxe de [[soluto]]; nalgunhas condicións pódese excedela, denominándose [[solución sobresaturada]].
A '''solubilidade''' é unha medida da [[capacidade]] dunha determinada [[substancia]] para disolverse nun [[líquido]]. Pode expresarse en [[mol]]es por [[litro]], en [[gramo]]s por litro ou en porcentaxe de [[soluto]]; nalgunhas condicións pódese excedela, denominándose [[solución sobresaturada]].



Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 17:20

A solubilidade é unha medida da capacidade dunha determinada substancia para disolverse nun líquido. Pode expresarse en moles por litro, en gramos por litro ou en porcentaxe de soluto; nalgunhas condicións pódese excedela, denominándose solución sobresaturada.

A substancia que se disolve chámase soluto e a substancia onde se disolva chámase disolvente. Non todas as substancias disólvense nun mesmo disolvente, por exemplo na auga disólvese o alcohol e o sal mentres que o aceite e a gasolina non se disolven.

Na solubilidade, o carácter polar ou apolar da substancia inflúe moito, xa que, debido a estes a substancia será máis ou menos soluble. Os compostos con menor solubilidade son os que presentan menor reactividade, como por exemplo as parafinas, os compostos aromaticos e os derivados haloxenados.

O termo solubilidade emprégase tanto para designar ao fenómeno cualitativo do proceso de disolución como para expresar cuantitativamente a concentración das solucións. A solubilidade dunha substancia depende da natureza do disolvente e do soluto, así como da temperatura e a presión do sistema, é dicir, da tendencia do sistema a alcanzar o valor máximo de entropía.