Pintxo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Champis-en-la-Laurel.jpg|right|miniatura|250px|Típico petisco de [[Champiñón|champiñóns]]]]
[[Ficheiro:Champis-en-la-Laurel.jpg|dereita|miniatura|250px|Típico petisco de [[Champiñón|champiñóns]]]]


Un '''petisco''', '''aperitivo''' ou '''abreboca''' é unha pequena rebanda de [[pan]] sobre a que se coloca unha pequena ración de comida.
Un '''petisco''', '''aperitivo''' ou '''abreboca''' é unha pequena rebanda de [[pan]] sobre a que se coloca unha pequena ración de comida.

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 16:29

Típico petisco de champiñóns

Un petisco, aperitivo ou abreboca é unha pequena rebanda de pan sobre a que se coloca unha pequena ración de comida.

O petisco, denominado en éuscaro pintxo (porque tradicionalmente se suxeitaba a comida ao pan cun escarvadentes, aínda que non sexa unha característica obrigatoria), é un prato típico da gastronomía vasca que se adoita tomar como aperitivo acompañado normalmente dun vaso de viño tinto (chamado txikito) ou de cervexa (chamado zurito). É moi común nas tabernas do País Vasco, Cantabria, Navarra, A Rioxa e nalgunhas zonas de Burgos, como Miranda de Ebro.

Os ingredientes a colocar sobre o pan poden ser practicamente calquera, pero moitas veces son os máis habituais na cociña vasca: peixes (especialmente pescada, bacallau, anchoas, gulas...), tortilla de patacas, pementos recheos, croquetas, etc.

O máis habitual adoita ser coller un mesmo o petisco, que se sitúa en bandexas sobre a barra do bar, e comelo de pé mentres se charla cos amigos e bebe o citado zurito ou txikito.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas