Perpiaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro: Perfectwall.jpg|200px|miniatura|right|Parede [[inca]] en [[Machu Picchu]], construída con grandes perpiaños.]]
[[Ficheiro: Perfectwall.jpg|200px|miniatura|dereita|Parede [[inca]] en [[Machu Picchu]], construída con grandes perpiaños.]]
Un '''perpiaño''' é unha [[pedra]] labrada por varias das súas caras, xeralmente en forma de [[paralelepípedo]], e que forma parte das obras de cantería.
Un '''perpiaño''' é unha [[pedra]] labrada por varias das súas caras, xeralmente en forma de [[paralelepípedo]], e que forma parte das obras de cantería.



Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 16:28

Parede inca en Machu Picchu, construída con grandes perpiaños.

Un perpiaño é unha pedra labrada por varias das súas caras, xeralmente en forma de paralelepípedo, e que forma parte das obras de cantería.

Os perpiaños adoitan ter un tamaño e peso que obriga a manipulalos mediante máquinas, a diferenza dos cachotes, que se poñen a man.

Son usados principalmente na construción de edificios como alternativa ó ladrillo. Xeralmente a cara externa é lisa ou pulida, ocasionalmente poden estar decorados por pequenos sucos gravados. Esta decoración coñécese como a firma do canteiro.

Os perpiaños teñen un significado simbólico para os masóns. En francmasonería, o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.

É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica grega e romana e na arquitectura gótica, onde a construción de catedrais fomentou o forte desenrolo do movemento masón.

Véxase tamén

Outros artigos