Intestino delgado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 61: Liña 61:
A drenaxe venosa é bastante similar, correndo a cargo da [[vea]] mesentérica superior, a principal constituínte da vea porta, xunto coa vea mesentérica inferior e a vea esplénica.
A drenaxe venosa é bastante similar, correndo a cargo da [[vea]] mesentérica superior, a principal constituínte da vea porta, xunto coa vea mesentérica inferior e a vea esplénica.
== Histoloxía do intestino delgado ==
== Histoloxía do intestino delgado ==
[[Ficheiro:Small intestine low mag.jpg|miniatura|right|200px|[[Microfotografía]] da mucosa do '''intestino delgado''', onde se poden ver a [[vilosidade intestinal]] e a [[glándula de Lieberkühn]]]]
[[Ficheiro:Small intestine low mag.jpg|miniatura|dereita|200px|[[Microfotografía]] da mucosa do '''intestino delgado''', onde se poden ver a [[vilosidade intestinal]] e a [[glándula de Lieberkühn]]]]
A mucosa intestinal está especializada na [[dixestión]] e a [[Absorción dixestiva|absorción]] de [[nutriente]]s e para iso ten que aumentar a súa [[superficie]] que dá á luz, de tres xeitos:
A mucosa intestinal está especializada na [[dixestión]] e a [[Absorción dixestiva|absorción]] de [[nutriente]]s e para iso ten que aumentar a súa [[superficie]] que dá á luz, de tres xeitos:
* Plegues circulares, válvulas de Kerckring ou plica, que son visibles a primeira ollada e son plegues permanentes formados por mucosa e submucosa.
* Plegues circulares, válvulas de Kerckring ou plica, que son visibles a primeira ollada e son plegues permanentes formados por mucosa e submucosa.

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 14:58

Intestino delgado
Gray's pág.1168
MeSH Small+intestine
Dorlands/Elsevier Small intestine

O intestino delgado é a parte do tubo dixestivo que se inicia despois do estómago e acaba no cego do colon. Divídese en tres porcións: duodeno, xexuno e íleo.

Función do intestino delgado

O quimo que se crea no estómago do bolo alimenticio mesturado co ácido clorhídrico a partir de movementos peristálticos mestúrase coas secrecións biliar e pancreática (ademais da propia duodenal) para non romper as capas do intestino delgado (xa que este ten un pH ácido) e é levado ó duodeno. O tránsito alimenticio continúa por este tubo duns 6 metros (no vivo) ó longo dos cales se completa o proceso da dixestión e efectúase a absorción das substancias útiles. Os fenómenos da dixestión e da absorción van depender grandemente do contacto do alimento coas paredes intestinais, polo que canto maior sexa este e nunha superficie máis ampla, tanto mellor será a dixestión e absorción dos alimentos. Isto dános unha das características morfolóxicas máis importantes do intestino delgado que son a presenza de numerosos pliegues que amplifican a superficie de absorción como:

  1. Dobras circulares.
  2. Vilosidades intestinais (de 0,5 mm de altura e un núcleo de lámina propia).
  3. Microvilosidades nas células epiteliais.

Forma e relacións do intestino delgado

Ilustración na Anatomía de Gray do contido visceral do abdome

O duodeno caracterízase pola súa relación co estómago, fígado e páncreas, pero o xexuno e íleo son máis difíciles de distinguir, e non hai unha separación neta entre ambos.

En xeral, pódense distinguir porque:

  1. O xexuno ten maior diámetro que o íleo (3 centímetros o xexuno, 2 cm o íleo).
  2. O xexuno ten máis plegues circulares, máis vellosidades intestinais e máis finas, mentres que o íleo ten menos.
  3. En cambio, no íleo os folículos linfoides (placas de Peyer) e a irrigación vascular en forma de arcadas é maior, que no xexuno. Ademais as súas paredes son máis delgadas e menos vascularizadas.

Topograficamente tanto o xexuno como o íleo ocupan o espazo infracólico, aínda que:

  1. O xexuno sitúase un pouco máis arriba e á esquerda (rexión umbilical) que o íleo(abaixo e á dereita).
  2. En xeral, as asas xexunais son de dirección máis horizontal, mentres que as ileais son de dirección vertical.

O final do intestino delgado é o íleo terminal que desemboca no cego por medio da válvula ileocecal.

Na constitución da parede intestinal, ademais das capas usuais de mucosa, submucosa, muscular e serosa, destaca a presenza de acúmulos de tecido linfoide que alcanzan ata a submucosa. Localízanse no bordo antimesentérico e o seu número é de 30 ó 40, e ata 2,5 cm de diámetro. Como se mencionou anteriormente, son máis numerosos no íleo.

Toda a lonxitude do intestino delgado queda unida á parede posterior a través da raíz do mesenterio. Esta unión do mesenterio á parede posterior comeza a nivel da vértebra L2, cruza o gancho do páncreas (por onde penetra a arteria mesentérica superior), cruza diante da cava inferior, segue externamente ós vasos ilíacos comúns e externos para terminar na fosa ilíaca dereita, a nivel do promontorio, lateral á articulación sacroilíaca dereita, a uns 6 cm, da liña media.

Irrigación arterial do intestino delgado

Intestino delgado, onde se indican o duodeno, o íleo e o xexuno (lendas en español)

A irrigación provén da arteria mesentérica superior, rama da aorta, que camiña dentro do mesenterio e da que nacen as arterias:

  1. Pancreáticoduodenais inferiores. Logo emite,
  2. Ramos xexunais e
  3. Ramos ileais: estes ramos xexunais e ileais teñen a particularidade de formar arcadas arteriais que se anastomosan unhas con outras. Fórmanse arcadas de primeira orde, novas arcadas a partir destas (de segunda orde) e ata de terceira orde no íleo. Para rematar, orixina a
  4. Arteria ileocólica, que termina dando catro ramas: a) cólica ascendente que sobe polo colon ascendente, b) cecal anterior, c) cecal posterior, e a d) arteria apendicular para o apéndice. Outras ramas da arteria mesentérica superior saen cara ó ángulo dereito de colon:
  5. Cólica dereita e finalmente para a parte proximal do colon transverso
  6. A arteria cólica media, que se anastomosa coa anterior. Polo tanto, a arteria mesentérica superior irriga todo o xexuno, o íleo e a metade dereita do intestino groso incluíndo o apéndice.

Drenaxe venosa

A drenaxe venosa é bastante similar, correndo a cargo da vea mesentérica superior, a principal constituínte da vea porta, xunto coa vea mesentérica inferior e a vea esplénica.

Histoloxía do intestino delgado

Microfotografía da mucosa do intestino delgado, onde se poden ver a vilosidade intestinal e a glándula de Lieberkühn

A mucosa intestinal está especializada na dixestión e a absorción de nutrientes e para iso ten que aumentar a súa superficie que dá á luz, de tres xeitos:

  • Plegues circulares, válvulas de Kerckring ou plica, que son visibles a primeira ollada e son plegues permanentes formados por mucosa e submucosa.
  • Vilosidades intestinais ou villi, que teñen un tamaño de 0,5 a 1 mm e dan a textura aterciopelada do interior do intestino.
  • Criptas de Lieberkühn, que son glándulas tubulares situadas entre as vilosidades. No fondo destas criptas aparecen as células de Paneth.

O epitelio intestinal da mucosa está formado por diferentes células que son:

  • Células absorbentes ou enterocitos: a membrana plasmática destas células presenta no seu polo luminal múltiples microvellosidades que confiren o aspecto de ribete en cepillo ó microscopio óptico.
  • Células caliciformes: son secretoras de mucina.
  • Células endocrinas: son células dos gránulos basai. Pertencen ó sistema APUD.
  • Células indiferenciadas, responsables da renovación.
  • Células de Paneth, que producen lisozimas, que son defensivas, antibacterianas.

A lámina propia presenta un tecido conectivo solto, con vasos e nervios. Está invadido por unha poboación linfocítica e por fibras musculares lisas provenientes da capa muscular da mucosa. Denomínaselle músculo de Brucke e é o músculo motor das microvellosidades.

O conduto lacteal ou quilífero central é un vaso linfático central da microvellosidade. Atópase en todo corte transversal da microvellosidade. O revestimento do quilífero é descontinuo.

O glicocálix é fundamental na finalización do proceso dixestivo, en canto a que é o último elo da degradación. Dos elementos absorbidos, as graxas van ó quilífero central, e as demais ó sangue.

Se hai glándulas diferentes ás das criptas, na submucosa duodenal, atopámonos nun duodeno, e se non nun xexuno íleo. O duodeno presenta estas glándulas que secretan unha mucina que neutraliza o pH ácido do quimo.

No tubo dixestivo é característica a presenza de MALT, tecido linfoide asociado a mucosa. Este tecido linfoide atópase no corion ou lámina propia da mucosa. É polo xeral un tecido linfoide difuso ou nodular. Xunto a este tecido linfoide atópanse xeralmente plasmocitos. No íleo o tecido linfoide é especialmente notorio pola súa disposición en placas, denominadas placas de Peyer. O nódulo linfático produce unha modificación no epitelio de revestimento.

As glándulas de Brunner son as glándulas da submucosa duodenal, que son características del.

A cantidade de células caliciformes aumenta desde o duodeno ó recto, as células absortivas diminúen de duodeno a recto. No estómago non hai células caliciformes, xa que o propio epitelio é mucíxeno.