Gijón Baloncesto: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|) |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
| sitio_web = [http://www.gijonbaloncesto.com/ www.gijonbaloncesto.com] |
| sitio_web = [http://www.gijonbaloncesto.com/ www.gijonbaloncesto.com] |
||
}} |
}} |
||
[[Ficheiro:Palacio Deportes Gijon 2.jpg|miniatura| |
[[Ficheiro:Palacio Deportes Gijon 2.jpg|miniatura|dereita|300px|O Palacio de Deportes de Xixón]] |
||
O '''Gijón Baloncesto S.A.D.''' foi unha [[sociedade anónima deportiva]] de [[baloncesto]] cidade de [[Xixón]], [[Asturias]] ([[España]]). |
O '''Gijón Baloncesto S.A.D.''' foi unha [[sociedade anónima deportiva]] de [[baloncesto]] cidade de [[Xixón]], [[Asturias]] ([[España]]). |
||
Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 14:28
Gijón Baloncesto S.A.D. | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Desaparecido |
Fundación | 1982 |
Historia | Gijón Baloncesto (1982-2009) |
Cores | Encarnado e negro |
Localización | |
Cidade | Xixón España |
Pavillón | Palacio de Deportes de Gijón |
www.gijonbaloncesto.com |
O Gijón Baloncesto S.A.D. foi unha sociedade anónima deportiva de baloncesto cidade de Xixón, Asturias (España).
Historia
En 1982 un grupu de afeccionados ao baloncesto conseguiron crear o primeiro club profesional de baloncesto de Xixón. O club comezou a competir na Segunda División da Liga Española ao adquirir os dereitos federativos do Real Grupo de Cultura Covadonga, xogando no Pavillón da Area. Esa primeira tempada ascendeu á Primeira División B ante o Melilla. Na Primeira División B participou ata 1990, ano no que ascendeu á Primeira División. Permaneceu 4 tempadas na máxima categoría, ata que en 1994, la Federación Española de Baloncesto creou a Liga EBA, na que se integrou el equipo. Ao final desa tempada (1994-95), ascendeu á Liga ACB. Mais un ano máis tarde, o equipo descendeu á Liga LEB, recentemente creada.
Na tempada 1998-99, o equipo ascendeu nóvamente á Liga ACB, aquel conxunto estaba adestrado polo técnico galego e ex-seleccionador español Moncho López, posteriormente o equipo descendería na tempada 2001-02. No ano 2000 o equipo transformouse en Sociedade Anónima Deportiva. Dende a tempada 2002-03 ata a 2006-07 competiu na Liga LEB Oro, contando nas súas filas con xogadores como Saúl Blanco, Mark Bigelow ou Antxon Iturbe, sen embargo, o equipo volvería descender no 2007, pasando a xogar na Liga LEB Plata. Logo da fuga de patrocinadores e os malos resultados que foron deixando sen aire ao equipo (o que propiciou a desaparición das súas categorías inferiores), no 2009 o club cesou a súa actividade na tempada ao non inscribirse en ningunha competición por non conseguir cartos para inscribirse na Liga LEB Plata.
Xogadores destacados
- Bob Harstad
- Brad Sellers
- Luis Scola
- Modelo:CATbb Tomás Jofresa
- Óscar Yebra
- Saúl Blanco
- Lou Roe
- Tom Wideman
- Hernán Jasen
- Glen Whisby
- Alejandro Escudero
- José Ramón Esmorís
- Javier Rodríguez Pérez
- James Blackwell