Galactosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Engado: be-x-old:Галяктоза
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:D-galactose.png|right|125px|D-galactosa]]
[[Ficheiro:D-galactose.png|dereita|125px|D-galactosa]]
A '''galactosa''' é un [[monosacárido]] formado por seis átomos de [[carbono]] (é dicir, unha [[hexosa]]), que se converte en [[glicosa]] no [[fígado]] como aporte enerxético. Ademais forma parte dos [[glicolípido]]s e [[glicoproteína]]s das [[membrana celular|membranas celulares]] das células, sobre todo das [[neurona]]s.
A '''galactosa''' é un [[monosacárido]] formado por seis átomos de [[carbono]] (é dicir, unha [[hexosa]]), que se converte en [[glicosa]] no [[fígado]] como aporte enerxético. Ademais forma parte dos [[glicolípido]]s e [[glicoproteína]]s das [[membrana celular|membranas celulares]] das células, sobre todo das [[neurona]]s.



Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 14:22

D-galactosa
D-galactosa

A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como aporte enerxético. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.

Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.

Síntese da galactosa

Artigo principal: Síntese de galactosa.

A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.

A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimiento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.