Estrixiformes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: as:ফেঁচা
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 27: Liña 27:


== Mitoloxía ==
== Mitoloxía ==
[[Ficheiro:Schleiereule fws.jpg|miniatura|right|''[[Tyto alba]]'', curuxa común]]
[[Ficheiro:Schleiereule fws.jpg|miniatura|dereita|''[[Tyto alba]]'', curuxa común]]


* Aínda que ás veces se dixo que a ave que acompaña a [[Atenea]] ou [[Minerva]] é unha curuxa, en realidade é o [[Athene noctua|moucho europeo]].
* Aínda que ás veces se dixo que a ave que acompaña a [[Atenea]] ou [[Minerva]] é unha curuxa, en realidade é o [[Athene noctua|moucho europeo]].

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 14:05

Strigiformes

Strix occidentalis caurina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Wagler, 1830
Familias

Strigidae
Tytonidae

A orde das estrixiformes ou aves rapaces nocturnas comprende á familia Tytonidae (curuxas) e a familia Strigidae que inclúe bufos, curuxas, mouchos, tecolotes, mouchos de orellas, avelaionas, ñacurutús e chunchos, entre outras. Atópanse en todo o mundo, agás na Antártica, a meirande parte de Grenlandia e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábitos nocturnos e solitarios. Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na pesca.

Características

Nas estrixiformes os dedos tenden a separárense dous a dous, e o bico, coma nos papagaios, é moi ganchudo e presenta a base cuberta por unha cera. Os caracteres distintivos da orde están principalmente nos ollos e nos oídos. Aqueles son moi grandes e no canto de estaren situados aos lados da cabeza, áchanse orientados cara a adiante, como entre os mamíferos acontece cos primates, e cada un deles está rodeado por un gran disco de plumas, o disco facial, limitado por unha circunferencia de plumas pequenas, duras e rizadas. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que virar toda a súa cabeza para mirar cara a outra dirección. Son hipermétropes e non poden ver nada a uns centímetros dos seus ollos. Así a todo, a súa visión, particularmente en luz baixa, é excelente.

A respecto dos oídos, son moi grandes e presentan no exterior notables repregamentos de pel, como se tendesen a formar unha orella, coa particularidade de que este ofrece a cada lado, na maior parte dos casos, formas distintas. Este carácter non se nota a primeira ollada por estaren ocultos os oídos baixo as plumas; pero é curioso que moitas especies teñen sobre a cabeza unhas falsas orellas ou corniños, formados por grupos de plumas tesas. A plumaxe destas aves é moi espesa e moi branda, semellandose á das avenoiteiras, e a meirande parte das especies aseméllanse tamén a estas na cor, que é unha mestura de diferentes matices amarelos, avermellados, pardos e negros.

Hábitos

Case que tódalas estrixiformes son nocturnas e aliméntanse de presas vivas, tales como pequenos mamíferos, paxariños, ras, etc., que devoran enteiros; logo regurxitan unhas egagrópilas ou nobelos formados por anacos de ósos, pelos e demais partes que pola súa natureza non poden dixerir. Moitos bufos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son das súas presas cara aos oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e deste xeito ouvir os sons que se producen no chan. Un exemplo de diúrna é Athene cunicularia que habita en case toda América.

Os ovos que poñen as femias son case esféricos, e por completo brancos. Os seus niños son rudimentarios e poden estar situados en ocos das árbores, tobos, cortellos, covas ou mesmo en niños artificiais feitos polo home.

Mitoloxía

Tyto alba, curuxa común
  • No folclore de Chile e parte de Arxentina, os bufos e curuxas son considerados un tipo de "ave agoreira" (ave de mala sorte); sendo relacionados co mito do temido Chonchón.
  • Entre os vascos, o bufo é considerado un animal pouco intelixente. En éuscaro, os termos para bufo ou curuxa (hontza, mozoloa) son sinónimos de imbécil aplicados a unha persoa.
  • Na cultura xaponesa, os bufos son símbolos da morte e ver un considérase de mala sorte.
  • Na cultura romena escoitar o son producido por estas aves é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é semellante a un queixume.
  • Os romanos considerábanas aves funerarias, polas súas actividades nocturnas e por ter os seus niños en lugares pouco accesibles, polo que ver a un bufo no día considerábase de mala sorte.

Maior información en Strigidae.

Ligazóns externas

Modelo:Paxaros