Coca-Cola: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Coca-Cola.JPG|miniatura|right|]]
[[Ficheiro:Coca-Cola.JPG|miniatura|dereita|]]
'''Coca-Cola''' é a marca rexistrada en [[1886]], nos [[Estados Unidos de América]], dunha bebida gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en [[1960]]. No países anglosaxóns recibe a denominación popular de ''Coke''.
'''Coca-Cola''' é a marca rexistrada en [[1886]], nos [[Estados Unidos de América]], dunha bebida gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en [[1960]]. No países anglosaxóns recibe a denominación popular de ''Coke''.


Liña 10: Liña 10:


=== Composición da Coca-Cola ===
=== Composición da Coca-Cola ===
[[Ficheiro:World-of-coca-cola.jpg|miniatura|right|Museo ''[[World of Coca-Cola]]'' en Las Vegas, Nevada, no 2000]]
[[Ficheiro:World-of-coca-cola.jpg|miniatura|dereita|Museo ''[[World of Coca-Cola]]'' en Las Vegas, Nevada, no 2000]]
[[Ficheiro:Cocacola-5cents-1900 edit1.jpg|miniatura|right|Publicidade de Coca Cola]]
[[Ficheiro:Cocacola-5cents-1900 edit1.jpg|miniatura|dereita|Publicidade de Coca Cola]]
A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de ''Coca-Cola, l'enquête interdite'', ''Coca-Cola, a enquisa prohibida'') pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.
A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de ''Coca-Cola, l'enquête interdite'', ''Coca-Cola, a enquisa prohibida'') pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.


Liña 23: Liña 23:


=== Logotipo e envase ===
=== Logotipo e envase ===
[[Ficheiro:Coca-Cola logo.svg|miniatura|right|Logo da Coca-Cola.]]
[[Ficheiro:Coca-Cola logo.svg|miniatura|dereita|Logo da Coca-Cola.]]
O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, [[Frank Mason Robinson]], en [[1885]]. Foi Robinson que ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo ''Spencer'', foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.
O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, [[Frank Mason Robinson]], en [[1885]]. Foi Robinson que ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo ''Spencer'', foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.



Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 13:15

Coca-Cola é a marca rexistrada en 1886, nos Estados Unidos de América, dunha bebida gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en 1960. No países anglosaxóns recibe a denominación popular de Coke.

Historia e características

O nome procede de ingredientes da súa composición inicial: a folla de coca e a noz de cola; a bebida era por entón vendida polo seu inventor, o doutor John Stith Pemberton, como un remedio milagreiro (o envase era diferente do actual).

Os seus principais competidores actuais no mercado mundial son: Pepsi-Cola e Virgin Cola, ambas dúas tamén bebidas de cola. Fabrícanse outras colas sobre a base da receita OpenCola, con licenza GPL. Hai tamén as altercolas.

A sede central da Coca-Cola Company está en Atlanta, Georgia, nos Estados Unidos.

Composición da Coca-Cola

Museo World of Coca-Cola en Las Vegas, Nevada, no 2000
Publicidade de Coca Cola

A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de Coca-Cola, l'enquête interdite, Coca-Cola, a enquisa prohibida) pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.

En realidade, non é máis que un puro segredo de marketing, pois os químicos ha xa tempo que analizaran con precisión a fórmula da Coca-Cola.

O seu particular sabor procede da mestura de azucre e de esencias de laranxa, limón e vainilla. Outros ingredientes como o ácido fosfórico terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a auga. Como esta ten diferente gusto segundo rexións e países, de aí que o sabor da Coca-Cola varíe segundo zonas.

O efecto estimulante orixinario era producido pola cocaína, contida nas follas de coca, e pola cafeína das noces de cola. En 1906, a Coca-Cola, vendida como un tónico cerebral, estaba case desprovista de cocaína (un 1/400 de grao por cada onza de xarope); esta proporción mantívose ata 1929. A tecnoloxía suprimiu todo o contido de cocaína e a cafeína subsiste nunha taxa reducida para que a bebida conserve a súa faceta estimulante.

A compañía Coca-Cola é o maior consumidor mundial de extracto de vainilla natural. Así que cando, en 1984, para a "New Coke", foi utilizada unha nova fórmula, a economía de Madagascar derrumbouse, pois pasouse a utilizar un substitutivo sintético, a vainilina, baixando as compras de vainilla á metade. Por contra, o recente lanzamento dunha nova fórmula con vainilla, fixo subir os prezos dese produto.

Logotipo e envase

Logo da Coca-Cola.

O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, Frank Mason Robinson, en 1885. Foi Robinson que ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo Spencer, foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.

A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "contour bottle" dentro da compañía, foi creada en 1915 polo deseñador de botellas Earl R. Dean. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicer de que era con só unha ollada...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun coco con forma de cabaza que ollaron na Encyclopedia Britannica, e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en 1916, e, en 1920, era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA