Centro Hípico Casas Novas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 1: Liña 1:
O '''Centro Hípico Casas Novas''' é un recinto adicado á práctica de deportes ecuestres e ó coidado de [[cabalo]]s, situado na parroquia de [[Larín, Arteixo|Larín]] ([[Arteixo]]). Comezou as súas actividades en agosto de [[2000]], por iniciativa do empresario local [[Amancio Ortega]].

[[Ficheiro:CSI A Coruña 2009.jpg|280px|miniatura|right|[[CSI A Coruña]] 2009 celebrado no Centro Hípico Casas Novas.]]
[[Ficheiro:CSI A Coruña 2009.jpg|280px|miniatura|dereita|[[CSI A Coruña]] 2009 celebrado no Centro Hípico Casas Novas.]]
==Características==
==Características==
'''Casas Novas''' é unha entidade que está homologada pola Federación Hípica Española cunha categoría de 4 estribos (a máxima posible, nun rango que vai de 1 a 4), sendo o único centro ecuestre en [[Galicia]] que acada ese recoñecemento.

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 13:07

O Centro Hípico Casas Novas é un recinto adicado á práctica de deportes ecuestres e ó coidado de cabalos, situado na parroquia de Larín (Arteixo). Comezou as súas actividades en agosto de 2000, por iniciativa do empresario local Amancio Ortega.

CSI A Coruña 2009 celebrado no Centro Hípico Casas Novas.

Características

Casas Novas é unha entidade que está homologada pola Federación Hípica Española cunha categoría de 4 estribos (a máxima posible, nun rango que vai de 1 a 4), sendo o único centro ecuestre en Galicia que acada ese recoñecemento.

O centro ten unha superficie duns 71.000 metros cadrados, cunhas modernas instalacións que incluen 60 cortes, 180 boxes para cabalos de competición, unha pista exterior de concurso, unha pista exterior de quentamento, o picadeiro principal cuberto, con cafetería e salón, un picadeiro cuberto mais pequeno para ponis, outro picadeiro cuberto para a escola de equitación, un campo exterior de galope de 500 metros, ximnasio, almacén e celeiro.

Concurso de Saltos Internacional (CSI)

O centro organizou o seu primeiro CSI no mes de decembro do ano 2000. A sona e o prestixo do centro e do concurso medraron rápidamente, e Casas Novas convertéuse nun referente internacional, de xeito que no ano 2004 o evento se convertiu nun concurso de 5 estrelas, a máxima categoría que otorga a Federación Ecuestre Internacional. O concurso abrange 3 xornadas de saltos, celébrase na pista principal cuberta ante centos de espectadores e retransmitido por varias televisións de todo o mundo.

Véxase tamén

Ligazóns externas