Adina, Sanxenxo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 32: Liña 32:
{{Lp Adina}}
{{Lp Adina}}
===Parroquias de Sanxenxo===
===Parroquias de Sanxenxo===
[[Ficheiro:Parroquia Portonovo-Adina.png|miniatura|right|350px|Parroquia de Adina no concello de [[Sanxenxo]].]]
[[Ficheiro:Parroquia Portonovo-Adina.png|miniatura|dereita|350px|Parroquia de Adina no concello de [[Sanxenxo]].]]
{{Sanxenxo}}
{{Sanxenxo}}



Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 12:17

Adina
Igrexa parroquial
ConcelloSanxenxo
Coordenadas42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333
Área10,5 km²
Poboación(Ano 2009) 4.662 hab.
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km²
Entidades de poboación17
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE no 2009 tiña 4.662 habitantes (2.334 homes e 2.328 mulleres), o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 2008, cando tiña 4.667 habitantes. Ten unha extensión de 10,5 km² e 17 entidades de poboación.

Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus parroquianos o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.

Patrimonio histórico e artístico

A igrexa de Santa María de Adina conserva restos románicos de finais do século XII, xunto con elementos góticos e outros do século XVI.

No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada.

Adina na cultura popular

  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.

Lugares e parroquias

Lugares de Adina

Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña

Parroquias de Sanxenxo

Parroquia de Adina no concello de Sanxenxo.
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Véxase tamén

Outros artigos