Xavier Vence: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Xavier Vence Deza.jpg|thumb|right|200px]]
[[Ficheiro:Xavier Vence Deza.jpg|miniatura|right|200px]]


'''Xavier Vence Deza''', nado en [[Rodeiro]] en [[1961]], é un economista [[Galicia|galego]].
'''Xavier Vence Deza''', nado en [[Rodeiro]] en [[1961]], é un economista [[Galicia|galego]].

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 20:35

Xavier Vence Deza, nado en Rodeiro en 1961, é un economista galego.

Traxectoria

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi Director do Idega entre 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordenador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos.

Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Setores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega ou Xornal de Galicia.

Obra en galego

Ensaio

  • Capitalismo e desemprego en Galicia, 1986, Xerais.
  • Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992.
  • O fracaso neoliberal na Galiza, 2005, A Nosa Terra.
  • Salarios e custo da vida, 2005.
  • Demanda de solo productivo en Galiza, 2007.
  • A situación actual do sistema galego de innovación, 2007.
  • Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011, Laiovento.

Obras colectivas

  • Informe sobre a pobreza en Galicia, 1995, Xunta de Galicia.
  • Industria e innovación. O sistema de innovación e a política tecnolóxica de Galicia, 1998, Xerais.
  • Galicia. Unha luz no Atlántico, 2001, Xerais.
  • Tempos de sermos, 2003, Universidade de Vigo.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • O nacionalismo e a Unión Europea, en A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.

Obra en castelán

Ensaio

  • Economía de la innovación y del cambio tecnológico, 1995, Siglo XXI, Madrid.

Obras colectivas

  • Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, 1998, Civitas.
  • La Unión Europea y crisis del estado de bienestar, 1998, Síntesis. Con Xosé Luis Outes Ruso.
  • Sistemas regionales de innovación, 2001.
  • Innovación en la sociedad del conocimiento, 2005.
  • Radiografía de la investigación pública en España, 2006.
  • Tecnología, conocimiento y territorio, 2006.
  • Crecimiento y políticas de innovación, 2007.
  • Construir el futuro de la Universidad Pública, 2010.

Obra en inglés

Ensaio

  • Wealth from diversity, 1996, Kluwer.

Obras colectivas

  • Integration and global corporate strategies, 2001, Routledge.
  • Global and national cooperation in service innovation, en The handbook of innovation and services, 2010.

Obra en francés

Obras colectivas

  • L’emploi en Espagne, 1991.
  • Innovations, territoires et politiques publiques, 1996, L’Harmatan.

Véxase tamén

Ligazóns externas