Tonsura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: tr:Tepe tıraşı
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Fra Angelico 052.jpg|thumb|275px|right|Crego tonsurado á romana.]]
[[Ficheiro:Fra Angelico 052.jpg|miniatura|275px|right|Crego tonsurado á romana.]]
Chámase '''tonsura''' ao primeiro dos graos [[sacerdote|clericais]] o cal conferíase por man do [[bispo]] como disposición e preparación para recibir o sacramento da orde e cuxa cerimonia executábase cortando unha parte do cabelo. Tamén se chama '''tonsura''' ao corte rapado resultante deste rito.
Chámase '''tonsura''' ao primeiro dos graos [[sacerdote|clericais]] o cal conferíase por man do [[bispo]] como disposición e preparación para recibir o sacramento da orde e cuxa cerimonia executábase cortando unha parte do cabelo. Tamén se chama '''tonsura''' ao corte rapado resultante deste rito.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 20:00

Crego tonsurado á romana.

Chámase tonsura ao primeiro dos graos clericais o cal conferíase por man do bispo como disposición e preparación para recibir o sacramento da orde e cuxa cerimonia executábase cortando unha parte do cabelo. Tamén se chama tonsura ao corte rapado resultante deste rito.

Signo de renuncia ao mundo, é tamén, coa adopción do hábito e o cambio de nome, un elemento dun ritual de morte e de renacemento que borra os pecados anteriores. A tonsura é unha práctica nacida a principios da Idade Media; non é coñecida durante os primeiros tempos da Igrexa e Xerome de Estridón ata a rexeitaba.

O cardeal católico romano John Henry Newman, do século XIX, escribiu o seguinte no seu Essay on the Development of Christian Doctrine (Ensaio sobre o desenvolvemento da doutrina cristiá): “O uso de [...] a tonsura [..] todos son de orixe pagá, e santificados pola súa adopción na Igrexa”.

Distinguíanse os seguintes tipos de tonsura:

  • Tonsura escocesa. A que se estendía dunha orella a outra e só na parte dianteira da cabeza.
  • Tonsura grega. A que se estendía por toda a cabeza.
  • Tonsura romana. Tonsura parcial e circular.

No seo da Igrexa católica, a tonsura romana predominaba sobre as dúas outras formas e permaneceu vixente ata 1972, data na cal Paulo VI na súa Carta apostólica en forma de motu proprio, Ministeria quædam, establece que “En diante non se confire xa a Primeira Tonsura”.[1]

Notas

Notas

  • O contido deste artigo incorpora material do Dicionario Enciclopédico Gaspar e Roig de 1870, o cal atópase no dominio público.