Teglatfalasar III: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ml:തിഗ്ലത്ത്-പിലീസർ III |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Tiglath-Pileser_II_-_1889_drawing.jpg| |
[[Ficheiro:Tiglath-Pileser_II_-_1889_drawing.jpg|miniatura|right]] |
||
'''Teglatfalasar III''', tamén coñecido como '''Tiglatpileser III''', ([[-746|746 adC]] — [[-722|722 adC.]]) foi rei de [[Asiria]]. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos. |
'''Teglatfalasar III''', tamén coñecido como '''Tiglatpileser III''', ([[-746|746 adC]] — [[-722|722 adC.]]) foi rei de [[Asiria]]. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos. |
||
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:47
Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, (746 adC — 722 adC.) foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.
Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos Medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruiu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.
Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.
Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.
Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalería e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantería. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.
Sucedeulle Salmanasar V, seu fillo.