Sátiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
{{Mitoloxía en progreso}}
{{Mitoloxía en progreso}}


[[Ficheiro:Hirschvogel Satyr.jpg|thumb|300px|Sátiro.]]
[[Ficheiro:Hirschvogel Satyr.jpg|miniatura|300px|Sátiro.]]
Un '''sátiro''' (en [[lingua grega|grego]] Σάτυρος, ''Sátyros'') é unha criatura da [[mitoloxía grega]] na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.
Un '''sátiro''' (en [[lingua grega|grego]] Σάτυρος, ''Sátyros'') é unha criatura da [[mitoloxía grega]] na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:43


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Sátiro.

Un sátiro (en grego Σάτυρος, Sátyros) é unha criatura da mitoloxía grega na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.

Os sátiros, relacionados coas Ménades, forman o cortexo dionisíaco que acompaña ó deus Dioniso. Poden estar tamén asociados co deus Pan.

Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade home, metade cabuxa ou carneiro, con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante velosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Por veces tamén se representan sátiros femias. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a pantera (atributo do deus Dioniso).

As representacións romanas confundían ós sátiros cos faunos, que adoitaban ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.

As representación aparecen en diversas idades da vida. Os pequenos son chamados satyriscoi e aparecen como mozos graciosos: o sátiro Anapauomenos ("en descanso"), atribuído ó escultor Praxíteles é un bo exemplo. Os sátiros maiores son chamados silenos, polo deus Sileno ou Pan, preceptor de Dionisio, é aparecen representados cunha grande fealdade. Adoitan portar copas ou tirsos nas mans, en actitude de bailar coas ninfas.

Criaturas semellantes ós sátiros aparecen noutras mitoloxías, como o Leszi eslavo, ou a carantoña, que se di habita nos bosques do noroeste da Península Ibérica. Normalmente trátase de criaturas de carácter festivo, burleiro e descarado, amigos da festa e do bo viño, cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta. Na mitoloxía cristiá a figura do sátiro foi traspasada ó diaño.

Ligazón externas