Supercontinente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (Bot: Engado: cs:Superkontinent
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Pangea animation 03.gif|thumb|250px|Movemento dos continentes dende a época de [[Panxea]] até a actualidade.]]
[[Ficheiro:Pangea animation 03.gif|miniatura|250px|Movemento dos continentes dende a época de [[Panxea]] até a actualidade.]]


'''Supercontinente''' é a denominación empregada en [[xeoloxía]] para aquelas masas terrestres que consisten en dúas ou máis [[cratón]]s ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a [[Panxea]] con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división ([[Gondwana]] e [[Laurasia]]), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.
'''Supercontinente''' é a denominación empregada en [[xeoloxía]] para aquelas masas terrestres que consisten en dúas ou máis [[cratón]]s ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a [[Panxea]] con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división ([[Gondwana]] e [[Laurasia]]), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:41

Movemento dos continentes dende a época de Panxea até a actualidade.

Supercontinente é a denominación empregada en xeoloxía para aquelas masas terrestres que consisten en dúas ou máis cratóns ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a Panxea con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división (Gondwana e Laurasia), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.

Efectos xeolóxicos

Os supercontinentes bloquean a saída da calor interna da terra, o cal produce un sobrequecemento da astenosfera. Eventualmente, isto produce fisuras na litosfera a través das cales emerxerá magma que empurrará aos bloques, afastándoos. Non está aínda claro se os continentes vólvense a xuntar de modo accidental logo de trasladarse polo planeta (ver Deriva continental) ou se se separan e volven unirse logo nun movemento acordeónico.

Supercontinentes parciais

Os que abranguen unha cantidade considerable (xeralmente, entre un cuarto e un medio) das terras emerxidas, en orde cronolóxica.

  • Nena (hai uns 1.800 millóns de anos).
  • Atlántica (hai uns 1.800 millóns de anos).
  • Euramérica (hai uns 400 millóns de anos).
  • Gondwana (hai uns 200 millóns de anos).
  • Laurasia (hai uns 200 millóns de anos).
  • Eurafrasia (actual; ás veces considérase a unha agrupación menor, Eurasia, que inclúe a Europa e a Asia; pero dende un punto de vista xeolóxico non é un supercontinente).
  • América (actual).


Lista de supercontinentes maiores

(os que abarcaron a totalidade ou a maior parte das terras emerxidas, en orde cronolóxica)

  • Vaalbará (xorde hai aproximadamente 4.000 millóns de anos. É o primeiro supercontinente teorizado da terra).
  • Ur (xorde hai aproximadamente 3.000 millóns de anos. Aínda que non comprendía o tamaño dos supercontinentes posteriores).
  • Kenorland (xorde hai 2.500 millóns de anos, divídese hai 2.100 millóns de anos).
  • Columbia (xorde hai 1.800 millóns de anos, divídese hai 1.500 millóns de anos).
  • Rodinia (xorde fai 1.100 millóns de anos, divídese hai 750 millóns de anos).
  • Pannotia (xorde fai 600 millóns de anos, divídese hai 540 millóns de anos).
  • Panxea (xorde fai 300 millóns de anos, divídese hai 200 millóns de anos).
  • Panxea Última ou Amasia (formarase dentro de 250 millóns de anos).

Véxase tamén

Outros artigos