Siagrio: Diferenzas entre revisións
m homónimos |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Reame di Siagrio (486).svg| |
[[Ficheiro:Reame di Siagrio (486).svg|miniatura|right|300px|O reino de Siagrio.]] |
||
'''Siagrio''' ([[430]]-[[486]]) foi un xeneral romano que reinou na [[Galia]] do norte como ''Rei dos romanos''. |
'''Siagrio''' ([[430]]-[[486]]) foi un xeneral romano que reinou na [[Galia]] do norte como ''Rei dos romanos''. |
||
Era fillo de [[Exidio]], o [[magister militum]] da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464. |
Era fillo de [[Exidio]], o [[magister militum]] da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464. |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:29
Siagrio (430-486) foi un xeneral romano que reinou na Galia do norte como Rei dos romanos. Era fillo de Exidio, o magister militum da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464.
Tras a morte de Paulo, Siagrio herdou do seu pai unha parte da Galia (entre o Río Somme e o Loira: o dominio galo-romano), fóra do control do reino visigodo e dos reinos francos en clara expansión sobre as súas terras. O seu título de Rei dos Romanos foi recoñecido polos seus iguais, os reis dos francos, reis dos burgundios, e reis dos visigodos. Segundo a análise de Léon Fleuriot, o seu reino existía en partenariado con Ambrosio Aureliano, líder autónomo dos bretóns establecidos daquela un pouco por todas partes na Galia do norte. A capital do seu estado foi Soissons.
A redución do territorio que controla non leva máis ca que ao reducido do dominio real de Soissons.
O final do seu reinado estivo marcado polo conflito cos francos. O rei franco, Clodoveo I, venceu a Siagrio na batalla de Soissons en 486. Buscou refuxio onda Alarico II, quen o prendeu e o enviou ao rei franco o ano seguinte. Este fíxoo asasinar: segundo Gregorio de Tours, Siagrio foi degolado en secreto.
Siagrio é o último representante do poder galo-romano na Galia do norte, daquela asolada polos pobos xermánicos no marco das Grandes invasións despois de 406.
Véxase tamén
Fontes
- Léon Fleuriot: Les origines de la Bretagne. Éditions Payot, 1980. ISBN 2-228-12710-8.
- Encyclopaedia Britannica. 11ª edición. 1911. (En dominio público.)
Ligazóns internas
- dominio galo-romano ==> dominio real de Soissons tomado polos federados francos.
- Exidio - conde Paulo - Siagrio.