Rāmāyaṇa: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O ''Râmâyana'' é, como o ''[[Mahābhārata]]'', un dos escritos fundamentais do [[hinduísmo]] e da [[mitoloxía hindú]]. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario [[Valmiki]] (ao que chaman ''Adi kavi'', o ''Primeiro poeta''), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros. |
Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O ''Râmâyana'' é, como o ''[[Mahābhārata]]'', un dos escritos fundamentais do [[hinduísmo]] e da [[mitoloxía hindú]]. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario [[Valmiki]] (ao que chaman ''Adi kavi'', o ''Primeiro poeta''), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros. |
||
[[Ficheiro:Phimai monkey warriors.jpg| |
[[Ficheiro:Phimai monkey warriors.jpg|miniatura|O exército dos monos do ''Râmâyana'', relevo khmer do [[Prasat Hin Phimai]] ([[Tailandia]], [[provincia de Nakhon Ratchasima]])]] |
||
== Orixes e contido.== |
== Orixes e contido.== |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a [[Rāma]] levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán [[Valmiki]] (personaxe que a tradición identifica como o autor do ''Rāmāyaṇa''). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma. |
Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a [[Rāma]] levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán [[Valmiki]] (personaxe que a tradición identifica como o autor do ''Rāmāyaṇa''). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma. |
||
[[Ficheiro:അറബിയിലുള്ള രാമായണം.JPG| |
[[Ficheiro:അറബിയിലുള്ള രാമായണം.JPG|miniatura|Edición do ''Ramayana'' en árabe, finais do século XVI.]] |
||
O ''Râmâyana'' comprende sete libros: |
O ''Râmâyana'' comprende sete libros: |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:11
O Rāmāyaṇa (en escritura devanāgarī : रामायण)[1], é dicir en sánscrito A viaxe de Rāma, é a máis breve das dúas epopeas mitolóxicas en lingua sánscrita, compostas entre os séculos -III e III. Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O Râmâyana é, como o Mahābhārata, un dos escritos fundamentais do hinduísmo e da mitoloxía hindú. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario Valmiki (ao que chaman Adi kavi, o Primeiro poeta), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros.
Orixes e contido.
O Rāmāyaṇa comeza tras o nacemento de Rāma pola súplica da Terra devastada que, en forma dunha vaca, se dirixe a Vishnu e lle lembra a súa responsabilidade.
O Rāmāyaṇa conta o nacemento e educación do príncipe Rāma que é o sétimo avatar do deus Vishnu, a conquista de Sîtâ e a súa unión con ela. A obra conta tamén o exilio de Rāma, o rapto de Sîtâ, a súa liberación e a volta de Rāma ao trono.
Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en Ayodhya, acompañado por Sîtâ e o seu irmán Lakshmana. Logo o demo Râvana rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de Sri Lanka, pero que algúns autores como Louis Frédéric sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a Heptanesia de Ptolomeo – que están no orixe da cidade de Mumbai). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de Hanuman, xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.
Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a Rāma levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán Valmiki (personaxe que a tradición identifica como o autor do Rāmāyaṇa). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma.
O Râmâyana comprende sete libros:
- Bala Kanda' ou o Libro da Xuventude.
- Ayodhya Kanda ou o Libro de Ayodhya.
- Aranya Kanda ou o Libro do Bosque.
- Kishkindha Kanda ou o Libro de Kishkindha (o reino dos monos).
- Sundara Kanda ou o Libro de Sundara (outro nome de Hanuman).
- Yuddha Lanka Kanda ou a Batalla de Lanka.
- Uttara Kanda ou o Libro do Alén.
Lectura crítica
O Rāmāyaṇa contén numerosos relatos védicos pero non é exclusivamente relixioso. Contén en efecto relatos lendarios, míticos ou cosmogónicos (formación da Terra segundo os brahmáns). A súa recitación ten valor de devoción na relixión brahmánica e algunha das súas escenas aparecen no teatro bailado da India meridional chamado kathakali.
Fica aínda moi popular, son só na India actual, senón tamén en Indonesia, e a súa historia é moi coñecida no resto da Asia suroriental (Camboxa, Tailandia, Malaisia, Myanmar, Laos...) grazas ás numerosas traducións ás linguas vernáculas e ás recensións, das cales a máis famosa é do poeta indio Tulsi Das que data do século XVI.
- A súa versión khmer é o Rāmakerti ("gloria de Rama").
- A súa versión tailandesa é o Ramakien.
- A súa versión laosiana é o Phralam Phralak.
- A súa versión malaia é o Hikayat Seri Rama.
-
A princesa Sitâ, nunha versión bailada xavanesa do Ramayana
-
Outra versión xavanesa do Ramayana
-
O espectáculo do Ramayana no templo de Prambanan, Xava
-
O demo Ravana
Adaptacións e reescrituras
O escritor e xornalista indio Ashok K. Banker[2] fixo unha reescritura do Ramayana na forma dunha serie de novelas do xénero fantástico en sete tomos, O Ramayana.
No campo da animación asiática, o Rāmāyaṇa foi obxecto dunha adaptación en longametraxe de animación indo-xaponesa, Ramayana: The Legend of Prince Rama, realizada por Yugo Sako e Ram Mohan e saída en 1992. En 2005 sae unha nova adaptación en animación, desta vez americana: Sita Sings the Blues, realizada por Nina Paley, que ten merecido varias distincións.
Notas
- ↑ The Sanskrit Heritage Dictionary de Gérard Huet
- ↑ Ficha do autor na páxina elbakin.net. Consulta do 3 de maio de 2012.