Panteón de Galegos Ilustres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Sepulcro_de_Alfredo_Bra%C3%B1as%2C_no_Pante%C3%B3n_de_Galegos_Ilustres_%2811-03-04%29.jpg|right|thumb|260px|Sepulcro de Alfredo Brañas.]]
[[Ficheiro:Sepulcro_de_Alfredo_Bra%C3%B1as%2C_no_Pante%C3%B3n_de_Galegos_Ilustres_%2811-03-04%29.jpg|right|miniatura|260px|Sepulcro de Alfredo Brañas.]]
[[Ficheiro:Tumba de Rosalía de Castro. Convento de San Domingos de Bonaval.jpg|thumb|right|260px|Sepulcro de Rosalía de Castro.]]
[[Ficheiro:Tumba de Rosalía de Castro. Convento de San Domingos de Bonaval.jpg|miniatura|right|260px|Sepulcro de Rosalía de Castro.]]


O '''Panteón de Galegos Ilustres''' atópase na capela lateral esquerda da igrexa do [[convento de San Domingos de Bonaval]], en [[Santiago de Compostela]]. A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en [[Cuba]].
O '''Panteón de Galegos Ilustres''' atópase na capela lateral esquerda da igrexa do [[convento de San Domingos de Bonaval]], en [[Santiago de Compostela]]. A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en [[Cuba]].

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:59

Sepulcro de Alfredo Brañas.
Sepulcro de Rosalía de Castro.

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na capela lateral esquerda da igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Historia e características

Neste lugar descansan os restos de varios personaxes galegos da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi Rosalía de Castro, o 25 de maio de 1891, seis anos despois da súa morte e trasladada desde o cemiterio de Adina (en Iria Flavia, Padrón). O seu mausoleo é obra de Jesús Landeira Iglesias.

O seguinte foi Alfredo Brañas, en 1900, colocado fronte a Rosalía. En 1961 foi enterrado o escultor Francisco Asorey, o chamado escultor da raza, inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de 1967, Ramón Cabanillas, que foi trasladado desde o cemiterio de Cambados.

O 28 de xuño de 1984 o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que fora trasladado desde Bos Aires onde morreu en 1950. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.

Finalmente, en 1988 foi enterrado o intelectual e cartógrafo Domingo Fontán, trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.

O Panteón está ó coidado do Patronato Rosalía de Castro, fundado en 1966.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • FERNÁNDEZ FERREIRO, Xosé: "O Panteón de Galegos Ilustres", en La Voz de Galicia, 29.06.1984.
  • Gran Enciclopedia Galega, tomo 34.