O Castro de Ouro, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m campos mapa e ano na caixa de información; provisorio: retiro categoría poboación
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 15: Liña 15:


==Patrimonio==
==Patrimonio==
[[Ficheiro:IgrexaSanSalvadordeCastrodouro.JPG|thumb|esquerda|Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro]]
[[Ficheiro:IgrexaSanSalvadordeCastrodouro.JPG|miniatura|esquerda|Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro]]
Dentro do patrimonio desta parroquia do concello de Alfoz, podemos salientar tres lugares:
Dentro do patrimonio desta parroquia do concello de Alfoz, podemos salientar tres lugares:
* Na aldea de Castro de Ouro encóntrase a '''Igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro''', que é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]]. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un caliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
* Na aldea de Castro de Ouro encóntrase a '''Igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro''', que é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]]. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un caliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:42

O Castro de Ouro
ConcelloAlfoz
Coordenadas43°31′45″N 7°24′32″O / 43.5291, -7.4089Coordenadas: 43°31′45″N 7°24′32″O / 43.5291, -7.4089
Área2,6 km²
Poboación81 hab. (2004)
Densidade31,15 hab./km²
Entidades de poboación6
editar datos en Wikidata ]

San Salvador do Castro de Ouro é unha parroquia pertencente ao concello de Alfoz. Está situado centricamente e ao seu redor encontramos as parroquias de Adelán, Bacoi e San Pedro de Mor. Os seus 81 habitantes distribúense nas 6 entidades de poboación: Anxeriz (18), O Castro de Ouro (28), Costoira (9), A Fonte (11), A Granda (8) e O Pumariño (7), cunha densidade media de 31,2 hab/km2 (datos de 2004). A superficie da parroquia é de 2,6 km2.

Patrimonio

Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro

Dentro do patrimonio desta parroquia do concello de Alfoz, podemos salientar tres lugares:

  • Na aldea de Castro de Ouro encóntrase a Igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro, que é un templo orixinal datado do século XV; foi a capela do restaurado castelo de Castrodouro. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do século XIV, e un caliz de prata do ano 1573. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
  • Na parroquia do Castro ou do Castro de Ouro destaca a torre de Castrodouro, a cal foi levantada sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o río Ouro. Hai quen di que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos Reis Católicos. Antigamente foi propiedade do bispado de Mondoñedo, que a perdeu por causa do mariscal e posteriormente a volveu recuperar. Foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do século XX para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Co tempo foi quedando para a casa do Concello, mais no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no Museo do Mariscal.

    Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse hoxe a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de fosos e contrafosos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por almeas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto do 22 de abril do 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico.
  • A Leira Galea, tamen coñecida como o Museo da Auga, encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha fermosa casa de turismo rural. Toda a leira foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardins que rodean o pazo e un muíño reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha lareira tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do rio Ouro e dá acceso ao vello muíño e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Podese percorrer o Paseo dos Caladiños, o Camiño Feiticeiro e chegar até o merendeiro de Filipe II.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares do Castro de Ouro

Lugares da parroquia de O Castro de Ouro no concello de Alfoz (Lugo)

Anxeriz | O Castro de Ouro | Costoira | A Fonte | A Granda | O Pumariño

Parroquias de Alfoz

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Véxase tamén

Outros artigos