Mundial de Fútbol de 2010 - Final: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: no:VM i fotball 2010 – Finale
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 312: Liña 312:
=== Estatísticas ===
=== Estatísticas ===
;Global
;Global
[[Ficheiro:Adidas Jabulani Gold (1).jpg|thumb|O [[Adidas]] Jo'bulani, balón da final.]]
[[Ficheiro:Adidas Jabulani Gold (1).jpg|miniatura|O [[Adidas]] Jo'bulani, balón da final.]]
{| class="wikitable" style="text-align: center"
{| class="wikitable" style="text-align: center"
|-
|-

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:24

Final FIFA World Cup 2010
EventoMundial de Fútbol Sudáfrica 2010
Data11 de xullo de 2010
Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia84.490 espectadores
ArbitroInglaterra Howard Webb (Inglaterra)
DestacadoEspaña Andrés Iniesta (España)

A Final do Mundial de Fútbol de Sudáfrica 2010 foi un partido de fútbol disputado o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo que determinou o campión do mundo de fútbol do mundial de 2010. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu inusual número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[1]

Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de Campión do Mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950 the Netherlands and Spain were attempting to win their first FIFA World Cup. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.

Finalistas

Antes deste partido, os Países Baixos e España nunca se atoparan na fase final dun Mundial ou dunha Eurocopa, os dous grandes torneos internacionais con participación de equipos europeos. A nivel global os dous equipos enfrontáronse en nove ocasiones dende 1920, gañando catro veces cada un e empatando unha vez. Estes partidos correspodían xa sexa a amigables, eliminatorias de clasificación para a Eurocopa e un encontro durante os Xogos Olímpicos de Atenas 1920.

Antes da celebración desta final, ningún dos dous equipos gañara o título de o Campión do Mundo anteriormente. Os Países Baixos foran subcampións dúas veces antes, perdendo 2-1 ante o Alemaña Occidental en 1974, e 3-1 ante selección de Arxentina en 1978. Con respecto a España, antes desta cita o seu mellor posto nun mundial fora o cuarto, acadado en 1950, cando o campión se decidiu cunha liguiña de catro equipos, e os cuartos de final en 1934, 1986, 1994 e 2002. Así, España, converteuse na duodécima selección diferente en un xogar unha final da Copa do Mundo, e o equipo novo dende Francia en 1998. Despois do encontro, os Países Baixos xógaron a súa terceira final sen coñecer a vitoria, superando a marca que compartira con Hungría e Checoslovaquia. Con todo, en termos xerais de derrotas en finais, Alemaña é o líder con catro derrotas. Tamén destacar que despois do encontro, España converteuse na oitava selección en gañar o Mundial, uníndose a Inglaterra e a Francia, como equipos que a gañaron unha soa vez.

Antes do partido España tiña unha cualificación Elo de 2111 puntos e os Países Baixos de 2100 puntos. Así, a combinación dos puntos dous finalistas acadaba 4.211 puntos, sendo o número máis alto acadado xamais nun partido de fútbol da historia, superando a marca anterior de 4.161 puntos combinados na final do Mundial de Suíza 1954 entre Hungría e Alemaña Occidental.

Novos rexistros

Esta foi a primeira dende a final de 1978, cando Arxentina derrotou aos Países Baixos, na que ningún dos finalistas gañara anteriormente a Copa do Mundo. Foi ademais a primeira final na que non xogou polo un menos un destes equipos: Brasil, Italia, Alemaña e Arxentina; sendo estes historicamente os catro mellores equipos en canto a aparicións en finais de mundiais. Tamén por primeira vez na historia dos mundiais, ningún dos equipos que disputou a final da anterior edición pasou da fase de grupos. O vixente campión, Italia, e o subcampión, Francia, ocuparon as útlimas prazas dos seus grupos, o F e o A, respectivamente. Ademais foi a segunda final consecutiva sen participación de Alemaña ou Brasil, e a terceira vez dende 1954 e 1978.

Con dous finalistas europeos, esta foi a primeira vez que un equipo europeo gaña a Copa do Mundo fóra do seu continente. Ademais este título supuxo o décimo dun equipo europeo, superando aos nove títulos de Sudamérica. Ademais esta foi a segunda vez que dous equipos europeos conseguen o título de xeito consecutivo, sendo a outra vez cando Italia venceu en 1934 e 1938. Tamén este partido supuxo o maior rexistro de cartóns amarelos mostrados nunha final de mundial con catorce.

Con respecto á selección vencedora, España, foi a campiona até o momento que venceu logrando meter menos goles, con oito. A marca anterior estaba en posesión de Brasil en 1994, Inglaterra en 1966 e Italia en 1934 con once goles. Con todo, a selección española foi o campión menos goleado ao recibir tan só dous goles, rexistro compartido con Italia en 2006 e Francia en 1998. Ademais foi a única selección en conseguir o título sen recibir nin un só gol na fase eliminatoria. Ademais España foi tamén a primeira selección en gañar o mundial tras perder o primeiro partido do torneo.

Esta final foi a sexta na que se tivo que disputar unha prórroga (anteriormente 1934, 1966, 1978, 1994 e 2006), e a cuartaa que se decidiu neste período (xunto coa de 1934, 1966 e 1978), dúas das cales perdidas polos Países Baixos. Ademais esta foi a primeira vez dende 1974 (con Alemaña Occidental) que a actual Campioa de Europa gaña o Mundial. Como dato curioso esta foi a segunda vez que un equipo gaña o mundial coa súa equipación suplente, sendo a primeira en 1966 con Inglaterra.

Camiño á final

España entrou na Copa do Mundo de 2010 como Campioa de Europa, tras gañar a UEFA Euro 2008, e, como os posuidores do mellor rexistro de invatibilidade na historia do fútbol internacional, permanecendo invicta en trinta e cinco encontros consecutivos entre 2007 de 2009. Os Países Baixos entraron na Copa do Mundo tras gañar os oito partidos do seu grupo clasificación.

Unha vez na fase final final do mundial, os Países Baixos acandaron os oitavos de final como gañadores da Grupo E, con tres vitorias en tres partidos fronte a Dinamarca, Xapón e Camerún, concedendo admeias tan só un gol. Nos oitavos de final, derrotou á debutante Eslovaquia, a pentacampioa Brasil e a Uruguai. Antes da final os Países Baixos levaban vinte e cinco partido sen coñecer a derrota.

No Grupo H, España recuperouse da derrota ante Suíza no seu primeiro partido para vencer a Honduras e logo Chile, acabando primeiros de grupo. Nos oitavos de final, eliminaron á selección de Portugal, á debutante nos cuartos de final Paraguai, e aos tricampións de Alemaña nas semifinais. Ese último encontro foi unha repetición da final da Eurocopa de 2008, vencendo de novo España por 1-0 aos que foran até ese intre o equipo máximo goleador do torneo.

Nos seis partidos que ambos equipos xogaron até chegar á final en Sudáfrica, os Países Baixos marcaran un total de doce goles a favor e cinco en contra, mentres que España marcara sete e concedera dous. Ao entrar na final, o neerlandés Wesley Sneijder e o español David Villa estaban empatados como os máximos goleadores do torneo con cinco tantos cada un; Arjen Robben dos Países Baixos, con dous era o único outro xogador dos equipos dos finalistas con máis dun gol no torneo.

Países Baixos Rolda España
Rival Resultado Fase de grupos Rival Resultado
Dinamarca Dinamarca 2 – 0 Partido 1 Suíza Suíza 0 – 1
Xapón 1 – 0 Partido 2 Honduras 2 – 0
Camerún 2 – 1 Partido 3 Chile Chile 2 – 1
Equipo P V E D GF GC DG Pts
Países Baixos 3 3 0 0 5 1 +4 9
Xapón 3 2 0 1 4 2 +2 6
Dinamarca 3 1 0 2 3 6 −3 3
Camerún 3 0 0 3 2 5 −3 0
Clasificación final
Equipo P V E D GF GC DG Pts
España 3 2 0 1 4 2 +2 6
Chile 3 2 0 1 3 2 +1 6
Suíza 3 1 1 1 1 1 0 4
Honduras 3 0 1 2 0 3 −3 1
Rival Resultado Fase final Rival Resultado
Eslovaquia Eslovaquia 2 – 1 Oitavos Portugal Portugal 1 – 0
Brasil 2 – 1 Cuartos Modelo:PARb Paraguai 1 – 0
Modelo:URUb Uruguai 3 – 2 Semifinais Modelo:GERb Alemaña 1 – 0

Ficha do encontro

Países Baixos 0 - 1 España Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.490

Iniesta Anotado no 116º minuto 116'
 
Países Baixos


España


Países Baixos
PAÍSES BAIXOS:
PO 1 Maarten Stekelenburg
DF 2 Gregory van der Wiel   Amoestado no minuto 111º 111'
DF 3 John Heitinga   Outorgado no 57º minutoOutorgado outra vez no 109º minutoExpulsado no minuto 109º 57', 109'
DF 4 Joris Mathijsen   Amoestado no minuto 117º 117'
DF 5 Giovanni van Bronckhorst (c)   Amoestado no minuto 54º 54' Sae aos 105 minutos 105'
ME 6 Mark van Bommel   Amoestado no minuto 22º 22'
ME 8 Nigel de Jong   Amoestado no minuto 28º 28' Sae aos 99 minutos 99'
ME 11 Arjen Robben   Amoestado no minuto 84º 84'
ME 10 Wesley Sneijder
ME 7 Dirk Kuyt Sae aos 71 minutos 71'
DI 9 Robin van Persie   Amoestado no minuto 15º 15'
Substitucións:
DF 15 Edson Braafheid Entra aos 105 minutos 105'
ME 17 Eljero Elia Entra aos 71 minutos 71'
ME 23 Rafael van der Vaart Entra aos 99 minutos 99'
Adestrador:
Países Baixos Bert van Marwijk
Aliñacións iniciais
España
ESPAÑA:
PO 1 Iker Casillas (c)
DF 3 Gerard Piqué
DF 5 Carles Puyol Amoestado no minuto 16º 16'
ME 6 Andrés Iniesta Amoestado no minuto 118º 118'
DI 7 David Villa Sae aos 106 minutos 106'
ME 8 Xavi Amoestado no minuto 120+1º 120+1'
DF 11 Joan Capdevila Amoestado no minuto 67º 67'
ME 14 Xabi Alonso Sae aos 87 minutos 87'
DF 15 Sergio Ramos Amoestado no minuto 23º 23'
ME 16 Sergio Busquets
ME 18 Pedro Rodríguez Sae aos 60 minutos 60'
Substitucións:
DI 9 Fernando Torres Entra aos 106 minutos 106'
ME 10 Cesc Fàbregas Entra aos 87 minutos 87'
ME 22 Jesús Navas Entra aos 60 minutos 60'
Adestrador:
España Vicente del Bosque

Xogador da final:
España Andrés Iniesta

Árbitros asistentes:
Inglaterra Darren Cann (Inglaterra)
Inglaterra Mike Mullarkey (Inglaterra)
Cuarto árbitro:
Yuichi Nishimura (Xapón)
Quinto árbitro:
Toru Sagara (Xapón)

Estatísticas

Global
Ficheiro:Adidas Jabulani Gold (1).jpg
O Adidas Jo'bulani, balón da final.
Países Baixos España
Goles marcados 0 1
Disparos 13 18
Tiros a porta 5 8
Posesión do balón 43% 57%
Lanzamentos de corner 6 8
Faltas cometidas 28 18
Foras de xogo 7 6
Cartón amarelo 8 5
Dobre amonestación 1 0
Cartón vermello 0 0

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010