Mosquito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: vep:Säs'k
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 30: Liña 30:
|}
|}
|}
|}
[[Ficheiro:Tipulidae.jpg|thumb|196px|Tipulidae]]
[[Ficheiro:Tipulidae.jpg|miniatura|196px|Tipulidae]]
O '''mosquito''' é un [[insecto]] da familia '''Culicidae'''. Coma os outros membros da orde [[Diptera]], os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 [[milímetro|mm]]. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos ([[Xurásico]] medio).
O '''mosquito''' é un [[insecto]] da familia '''Culicidae'''. Coma os outros membros da orde [[Diptera]], os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 [[milímetro|mm]]. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos ([[Xurásico]] medio).



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:21

Mosquito

Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Diptera
Sub-orde: Eudiptera
Familia: Culicidae
Xéneros
ver texto
Tipulidae

O mosquito é un insecto da familia Culicidae. Coma os outros membros da orde Diptera, os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 mm. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos (Xurásico medio).

Os xéneros dos mosquitos inclúen Anopheles, Culex, Psorfora, Oclerotatus, Aedes, Stegomyia,Sabetes, Culiseta e Haemagoggus. Existen 35 xéneros en total con máis de 2.700 especies recoñecidas.

As femias da maior parte dos mosquitos aliméntanse de sangue dos animais antes de pór os ovos. Na maioría dos mosquitos femia, as partes da boca forman unha probóscide longa preparada para perforar a pel dos mamíferos (ou nalgúns casos de aves, réptiles ou anfibios) para sucionar o seu sangue. As femias requeren proteínas para a creación de ovos e xa que a dieta normal do mosquito consiste en néctar e zumes de froitas, carentes de proteínas, deben beber sangue para obter as proteínas necesarias. Os machos difiren das femias en que as súas bocas non están preparadas para sucionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, Toxorhynchites, non beben sangue. As larvas deste mosquito son predadores doutras larvas de mosquitos.

O mosquito pasa por catro fases distintas no seu ciclo vital: ovo, larva, pupa e adulto. O tamaño que alcance nas tres primeiras etapas depende do seu especie e da temperatura. Por exemplo, Culex tarsalis pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20 °C e en só dez días a 25 °C. Algunas especies teñen ciclos vitais de apenas catro días ou de até un mes.

Enfermidades

  • O mosquito da febre amarela (Stegomyia aegypti) é un mosquito que pode ser hóspede do virus do dengue e o da febre amarela, así como doutras enfermidades. Anteriormente clasificado como un subxénero de Aedes (ao que pertence o estreitamente emparentado Aedes albopitus, o principal vector do dengue), en 2005 estudos moleculares levaron a reclasificar Stegomyia como xenero, mudando o nome do mosquito (que se denominaba até entón Aedes aegypti).
  • O vector da malaria humana é a femia do mosquito Anopheles. Esta enfermidade é a primeira causa de enfermidades debilitantes, con máis de 200 millóns de casos cada ano en todo o mundo.

Hai cerca de 2700 especies de mosquitos, organizadas nuns 35 xéneros. Moitas destas especies son causa da transmisión de doenzas mortais para o home, como por exemplo: