Morfeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Guerin Morpheus&Iris1811.jpg|thumb|''Morfeo e Iris'', de [[Pierre-Narcisse Guérin]] (1811).]]
[[Ficheiro:Guerin Morpheus&Iris1811.jpg|miniatura|''Morfeo e Iris'', de [[Pierre-Narcisse Guérin]] (1811).]]
Na [[mitoloxía grega]], '''Morfeo''' (en [[grego antigo]] Μορφεύς, de μορφή ''morphê'', ‘forma’) é o [[deus]] dos [[soño]]s. Segundo certas [[teoloxía]]s antigas, é o principal dos [[Oniros]], os mil fillos enxendrados por [[Hipnos]] (o Soño) e [[Nicte|Nix]] (a Noite, súa nai), ou por Hipnos con [[Pasítea]].
Na [[mitoloxía grega]], '''Morfeo''' (en [[grego antigo]] Μορφεύς, de μορφή ''morphê'', ‘forma’) é o [[deus]] dos [[soño]]s. Segundo certas [[teoloxía]]s antigas, é o principal dos [[Oniros]], os mil fillos enxendrados por [[Hipnos]] (o Soño) e [[Nicte|Nix]] (a Noite, súa nai), ou por Hipnos con [[Pasítea]].



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:20

Morfeo e Iris, de Pierre-Narcisse Guérin (1811).

Na mitoloxía grega, Morfeo (en grego antigo Μορφεύς, de μορφή morphê, ‘forma’) é o deus dos soños. Segundo certas teoloxías antigas, é o principal dos Oniros, os mil fillos enxendrados por Hipnos (o Soño) e Nix (a Noite, súa nai), ou por Hipnos con Pasítea.

Era representado con ás que batía rápida e silenciosamente, que lle permitían ir voando velozmente a calquera lugar da Terra. Morfeo encargábase de inducir os soños dos durmintes e de adoptar unha aparencia humana para aparecer neles, especialmente a dos seres queridos (de aí o seu nome), permitíndolle aos mortais fuxir por un momento das maquinacións dos deuses.

Morfeo desempeña un papel importante na historia de Ceice e Alcíone. En concreto, aparece nas obras de Homero e Ovidio. Este último conta en As metamorfoses que Morfeo dorme nunha cama de ébano nunha cova sutilmente iluminada, rodeado de flores de durmideira (que contén alcaloides de efectos sedantes e narcóticos). Tamén conta que mentres os seus irmáns Fobetor e Fantaso eran responsables dos animais, os obxectos inanimados, e aparicións dos soños, Morfeo centrábase nos elementos humanos.

Foi fulminado por Zeus por ter revelado segredos aos mortais a través dos seus soños. Do seu nome procede a expresión «estar nos brazos de Morfeo», que significa ‘soñar’ e por extensión ‘durmir’ ou viceversa.

Esculturas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas