Meiga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Ordes 01-18.JPG|thumb|Graffiti en [[Ordes]] (A Coruña)]]
[[Ficheiro:Ordes 01-18.JPG|miniatura|Graffiti en [[Ordes]] (A Coruña)]]
[[Ficheiro:Baldung Hexen 1508 kol.JPG|thumb|[[Hand Baldung Grien]]: Meigas]]
[[Ficheiro:Baldung Hexen 1508 kol.JPG|miniatura|[[Hand Baldung Grien]]: Meigas]]
Segundo a [[tradición]] popular, unha '''meiga''' é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de [[menciñeira]]. Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.
Segundo a [[tradición]] popular, unha '''meiga''' é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de [[menciñeira]]. Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:04

Graffiti en Ordes (A Coruña)
Hand Baldung Grien: Meigas

Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira. Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.

Etimoloxía

Existen varias teses sobre a súa etimoloxía. A máis común deriva o termo actual do latín medica. Para outros autores o termo é homónimo de maga, que procedería do persa antiguo maguš -sabio- por mediación do grego μάγος e finalmente do latín magus, do que sería o seu feminino, ou da mesma raíz persa maguš vía latín (mag-ister), mestre, polo que as meigas serían as posuidoras e transmisoras da sabiduría popular, feito polo que serían perseguidas na época cristiana cando a Igrexa loitaba por monopolizar o coñecemento.

Tradición

A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar co demo. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa vasoira, mentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.

A meiga rivaliza en popularidade coa propia Santa Compaña, e achégase bastante á figura da curandeira dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de eu non creo nas meigas, mais habelas hainas.

Tipos de meigas

Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes:

  • Meigas-chuchonas: son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confección de pomadas.
  • Asumcordas ou bruxas da rúa: espreitan á xente e vixían quen entra e sae da casa.
  • Marimanta: é a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer.
  • Feiticeira: vive preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
  • Lavandeira: esta meiga sorprende ao camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo se di, dun mal parto. Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.
  • Lobismuller: ten que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia no que tódolos fillos son mulleres.
  • Vedoira: é esvelta e agradable no trato. Posúe facultades adivinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no Purgatorio.
  • Cartuxeiras: son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.
  • Agoreiras: estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
  • Dama de castro: esta meiga vive baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal, leva sempre un longo vestido branco de cola e sempre atende a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna, ningún tipo de favor serve para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.
  • Xacios: son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.