Maguncia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Lage_der_kreisfreien_Stadt_Mainz_in_Deutschland.png|thumb|Situación de Mainz no mapa de Alemaña.]]
[[Ficheiro:Lage_der_kreisfreien_Stadt_Mainz_in_Deutschland.png|miniatura|Situación de Mainz no mapa de Alemaña.]]
[[Ficheiro:Coat of arms of Mainz-2008 new.svg|thumb|Escudo de armas de Mainz.]]
[[Ficheiro:Coat of arms of Mainz-2008 new.svg|miniatura|Escudo de armas de Mainz.]]

'''Mainz''' ou '''Maguncia''' <ref>Segundo o ''Diccionario Enciclopédico Galego Universal'' (Ir Indo Edicións, Vigo 2003) ou Begoña González Rei: ''Ortografía da Lingua Galega'' (Galinova Editorial, A Coruña 2004), anexo 4.1.4. Cidades do mundo.</ref> é a capital do Estado federado [[Alemaña|alemán]] (''Land'') de [[Renania-Palatinado]]. É unha cidade do sudoeste de Alemaña, á beira do [[río Rin]], onde desemboca o [[río Meno]]. É un porto fluvial destacado. Nela inventou a imprenta [[Johannes Gutenberg]]. Hoxe, Mainz volveu ser un centro dos medios de difusión, xa que alberga a sede da [[ZDF]], a segunda canle da televisión alemá.

Liña 13: Liña 13:

== Historia ==
== Historia ==
[[Ficheiro:Stadttor1.jpg|thumb|190px|Restos dunha porta na muralla romana de ''Mogontiacum''.]]
[[Ficheiro:Stadttor1.jpg|miniatura|190px|Restos dunha porta na muralla romana de ''Mogontiacum''.]]
[[Ficheiro:Blason ville fr Mayence-Empire (Orn ext).svg|thumb|190px|Armas de Mainz baixo o imperio de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]].]]
[[Ficheiro:Blason ville fr Mayence-Empire (Orn ext).svg|miniatura|190px|Armas de Mainz baixo o imperio de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]].]]

=== Idade Antiga ===
=== Idade Antiga ===
Liña 39: Liña 39:

En Mainz celébranse festas populares durante todo o ano. Os seus habitantes son coñecidos polo seu carácter aberto e a súa alegría de vivir, que demostran durante as (frecuentes) festas.
En Mainz celébranse festas populares durante todo o ano. Os seus habitantes son coñecidos polo seu carácter aberto e a súa alegría de vivir, que demostran durante as (frecuentes) festas.
[[Ficheiro:Domus Universitatis Mainz.jpg|thumb|200px|''Domus Universitatis''.]]
[[Ficheiro:Domus Universitatis Mainz.jpg|miniatura|200px|''Domus Universitatis''.]]
[[Ficheiro:Mainzer Ranzengarde Fastnacht5.jpg|thumb|200px|Desfile no carnaval.]]
[[Ficheiro:Mainzer Ranzengarde Fastnacht5.jpg|miniatura|200px|Desfile no carnaval.]]
[[Ficheiro:Mainzer Schwellkopf Fastnacht2.jpg|thumb|200px|Un ''Schwellkopp'' (cabezudo).]]
[[Ficheiro:Mainzer Schwellkopf Fastnacht2.jpg|miniatura|200px|Un ''Schwellkopp'' (cabezudo).]]
[[Ficheiro:Eichbaum Kellerbier 2007 just beer.jpg|thumb|200px|Xerra de cervexa.]]
[[Ficheiro:Eichbaum Kellerbier 2007 just beer.jpg|miniatura|200px|Xerra de cervexa.]]

=== Carnaval ===
=== Carnaval ===
Liña 57: Liña 57:

=== Noite de San Xoán ===
=== Noite de San Xoán ===
[[Ficheiro:JohannesGutenbergDenkmalMainz.JPG|thumb|esquerda|160px|Monumento a Johannes Gutenberg no ''Museo Gutembreg''.]]
[[Ficheiro:JohannesGutenbergDenkmalMainz.JPG|miniatura|esquerda|160px|Monumento a Johannes Gutenberg no ''Museo Gutembreg''.]]

A [[noite de San Xoán]] é unha das maiores festas de Mainz, declarada oficialmente de interese turístico internacional.
A [[noite de San Xoán]] é unha das maiores festas de Mainz, declarada oficialmente de interese turístico internacional.
Liña 80: Liña 80:

== Economía ==
== Economía ==
[[Ficheiro:Traubensaal.jpg|thumb|130px|''Salón da uva'' no Museo ''Kupferberg''.]]
[[Ficheiro:Traubensaal.jpg|miniatura|130px|''Salón da uva'' no Museo ''Kupferberg''.]]

Mainz foi tradicionalmente unha cidade dedicada á industria vinícola (''[[Rheinhessen]]'', ''[[Rheingau]]'' e ''[[Mittelrhein]]'', son as tres denominacións de orixe da rexión), con exportacións de viño a todo o mundo. Tamén as de [[viño|viño escumoso]] (o "Sekt" alemán), con ''Kupferberg'' e ''Henkell''. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas. Así mesmo, Mainz baseou a súa economía nas industrias impresora e cristaleira.

Despois da crise bodegueira a comezos dos anos 1980, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o do turismo, debido á gran personalidade da cidade.

[[Ficheiro:Zentrale des ZDF in Mainz.jpg|thumb|260px|esquerda|Sede central da [[ZDF]] en Mainz.]]
[[Ficheiro:Zentrale des ZDF in Mainz.jpg|miniatura|260px|esquerda|Sede central da [[ZDF]] en Mainz.]]

De forma paralela, outras accións oriéntanse á conversión da cidade no centro loxístico da Alemaña sudoccidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxias entre o ferrocarril, o aeroporto e os portos cercanos.

Liña 96: Liña 96:

[[Ficheiro:Mainz May2007 cropped.jpg|thumb|center|800px|Panorámica de Mainz desde o Rin.]]
[[Ficheiro:Mainz May2007 cropped.jpg|miniatura|center|800px|Panorámica de Mainz desde o Rin.]]

== Patrimonio ==
== Patrimonio ==

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 16:48

Situación de Mainz no mapa de Alemaña.
Escudo de armas de Mainz.

Mainz ou Maguncia [1] é a capital do Estado federado alemán (Land) de Renania-Palatinado. É unha cidade do sudoeste de Alemaña, á beira do río Rin, onde desemboca o río Meno. É un porto fluvial destacado. Nela inventou a imprenta Johannes Gutenberg. Hoxe, Mainz volveu ser un centro dos medios de difusión, xa que alberga a sede da ZDF, a segunda canle da televisión alemá.

Aínda que foi gravemente destruída durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade conserva unha parte importante da cidade vella, na que destacan as construcións realizadas en pedra de cor vermella (areísca, principalmente).

Mainz ten universidade desde 1477, chamada Johannes Gutenberg, situada cerca do centro da cidade. O seu antigo campus non só comprende aulas e salas de conferencias, senón tamén vivendas, bares e restaurantes que constitúen un barrio independente.

Con 196.950 habitantes (en 31 de marzo de 2006), é a terceira cidad máis grande da Rexión Rin-Meno.

O seu equipo de fútbol FSV Mainz 05 xoga na primeira división (Bundesliga).

Historia

Restos dunha porta na muralla romana de Mogontiacum.
Armas de Mainz baixo o imperio de Napoleón.

Idade Antiga

Mainz foi fundada como fortaleza militar polos romanos no último terzo do século I a.C., co nome de Mogontiacum. Serviu de base a diferentes lexións, destacando desde finais do século I a Legio XXII Primigenia. Desde Domiciano, foi a capital da provincia Germania Superior.

Ao longo dos séculos I a IV, foi unha das princiais fortalezas do limes do Rin e tivo un importante desenvolvemento urbano. A finais do século IV sufriu os embates dos alamáns.

A principios do século V foi destruída polos vándalos, ocupada polos hunos e definitivamente conquistada polos francos.

Idade Media

A cidade foi visitada contra o ano 965 polo viaxeiro hispano-xudeu Ibrahim ibn Ya'qub, quen se sorprendeu ao encontrar nela dirhams cuñados en Samarcanda e especias da India: pimenta, xenxibre, cravo de olor, nardio indio, costo e galanga. Por esa época había tamén peles importadas de Rusia.

O viaxeiro acertou en describir a cidade principalmente como un gran mercado de cereais, mencionando especificamente o trigo, a cebada, o centeo, e tamén as videiras e a froita.[2]

Idade contemporánea

Seguindo a progresión cara ao Leste dos exércitos e das ideas da Revolución Francesa, proclamouse unha República de Mainz o 18 de marzo de 1793, que foi o primeiro Estado democrático en territorio alemán. Dita república foi efémera, xa que o día 21 pediu a súa incorporación a Francia, obténdoa o día 30. Este acontecemento conmemórase todos os anos o 11 de novembro, simbolizando así o 11 (día e mes) coa divisa da Francia republicana, ELF, (once en alemán, das iniciais de "Liberté, Égalité, Fraternité").

Cultura (e festas)

O Teatro Estatal de Mainz (Staatstheater Mainz) é o teatro estatal da cidade.

Mainz foi a Capital Europea da cultura no ano 2007.

En Mainz celébranse festas populares durante todo o ano. Os seus habitantes son coñecidos polo seu carácter aberto e a súa alegría de vivir, que demostran durante as (frecuentes) festas.

Domus Universitatis.
Desfile no carnaval.
Un Schwellkopp (cabezudo).
Xerra de cervexa.

Carnaval

Mainz é bastante coñecida polas súas celebracións do carnaval, que no sur de Alemaña se denomina Fastnacht, con desfiles e decoración das rúas. O luns de carnaval é o día central das comparsas de bufóns e xograres. Toda a xente bótase á rúa convertendo a cidade nun mar de alegres colores.

O desfile do luns de carnaval, con coches con alegorías políticas, cabezudos e xigantes, bandas de música, portadores de bandeiras e guardia, vai abríndose camiño ao longo dunha multitud que celebra e baila sen parar.

Aquí, as cabezas xigantes (Schwellköpp, cabezudos) ou "Monumentos" son auténticas obras de arte, creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais como cartón, madeira, papel e pintura.

A vida en Mainz no carnaval detense, con toda a xente nas rúas, bares ou salas cantando e bailando. É a festa popular por excelencia, con seis días e seis noites de duración; os disfrazados dan voltas por unha cidade en estado de excepción.

Open-Ohr-Festival

Os estudantes organizan o festival Open-Ohr-Festival (literalmente, "Festival da orella aberta") no que participan bandas de todo o mundo.

Noite de San Xoán

Monumento a Johannes Gutenberg no Museo Gutembreg.

A noite de San Xoán é unha das maiores festas de Mainz, declarada oficialmente de interese turístico internacional.

E na honra do fillo máis ilustre da cidade, Johannes Gutenberg, celébrase a Johannisfest, á que asisten centos de miles de persoas.

Tales festas datan de 1968. Catro días antes, a noite do 20 de xuño, os grupos folclóricos reúnense no centro da cidade, na Ludwigstrasse, as prazas do Mercado, Leichhof, Ballplatz e de Schiller, dando espectáculos de música e danza.

A atracción principal é o bautismo dos impresores, Gautschen, desde o alto do Johannis (Mercado do Libro e Museo na beira do Rin).

A Johannisnacht termina con grandes fogos artificiais sobre o Rin á noitiña.

Mercado do viño

No romántico parque municipal, na rosaleda, reúnense unha vez ao ano, a finais de agosto, os que queren gozar do viño. Con toda a familia chegan os naturais e os visitantes ao mercado do viño de Mainz para celebrar, degustar e charlar amplamente. Aquí trábanse rapidamente amistades entre os habitantes e os seus visitantes.[3]

Os grandes viticultores serven máis de 300 exquisitas variedades de caldos da rexión vinícola Rheinhessen (viños do Rin) nas numerosas casetas belamente decoradas. Estes deliciosos viños locais acompáñanse coas variadas especialidades gastronómicas da rexión (véxase abaixo, Oktoberfest).

Oktoberfest

As festas de outubro (Oktoberfest) de Mainz, a diferenza das que se celebran noutras localidades de Alemaña, especialmente da de Múnic, só se celebran no barrio de Hechtsheim. A celebración, establecida na cidade desde 2005, desenvóvese durante 10 días (normalmente, inclúense dous sábados).

Chegan a beberse 42.000 litros de cervexa Mainzer Aktien-Bier ou Wiesen Bier, fabricada unica e exclusivamente para a festa. No consumo de cervexa pode observarse unha clara tendenza á alza. Tamén se consumen grandes cantidades de polo asado e de diversos derivados do porco, salchichas, Handkäse, Spundekäse e Brezel. A Oktoberfest reflicte a evolución da historia do entretemento de Mainz. O número de visitantes en 2005 foi de 35.000.

Economía

Salón da uva no Museo Kupferberg.

Mainz foi tradicionalmente unha cidade dedicada á industria vinícola (Rheinhessen, Rheingau e Mittelrhein, son as tres denominacións de orixe da rexión), con exportacións de viño a todo o mundo. Tamén as de viño escumoso (o "Sekt" alemán), con Kupferberg e Henkell. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas. Así mesmo, Mainz baseou a súa economía nas industrias impresora e cristaleira.

Despois da crise bodegueira a comezos dos anos 1980, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o do turismo, debido á gran personalidade da cidade.

Sede central da ZDF en Mainz.

De forma paralela, outras accións oriéntanse á conversión da cidade no centro loxístico da Alemaña sudoccidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxias entre o ferrocarril, o aeroporto e os portos cercanos.

A ZDF, acrónimo da Zweites Deutsches Fernsehen ("Segunda televisión alemana"), con sede en Mainz, á unha canle de televisión pública alemana, rexida por unha axencia sen ánimo de lucro establecida conxuntamente polos Estados federados alemanes (Länder). A ZDF finánciase mediante un canon que se paga ao comprar cada televisor e coa publicidade.

A Südwestrundfunk ou SWR, que significa "Radiodifusión do Sudoeste", é unha institución pública de radio e televisión destinada ao sudoeste de Alemania en xeral. A compañía ten tres oficinas centrais nas cidades de Stuttgart, Baden-Baden e Mainz.

Schott music ou Schott Musik International é unha das editoriais de música máis antigas e prestixiosas de Alemaña.

Panorámica de Mainz desde o Rin.

Patrimonio

Monumentos e edificios relixiosos

  • Catedral de Mainz
  • Igrexa de Santo Emmeran
  • Igrexa de Santo Estevo
  • Igrexa de Santo Agustiño
  • Igrexa da Benaventurada Virxe María
  • Igrexa e torre de San Quintín

Galería de imaxes

Notas

  1. Segundo o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (Ir Indo Edicións, Vigo 2003) ou Begoña González Rei: Ortografía da Lingua Galega (Galinova Editorial, A Coruña 2004), anexo 4.1.4. Cidades do mundo.
  2. Dutour, Thierry (2003): La ciudad medieval. Orígenes y triunfo de la Europa urbana, páxs. 111-113. Paidós, Buenos Aires, 2005. ISBN 950-12-5043-1
  3. sic, no orixinal, N. do T.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Imhof, Michael & Simone Kestin (2004): Mainz City and Cathedral Guide. Petersberg: Michael Imhof Verlag. ISBN 978-3-937251-93-6
  • Michelle Marty (1992): Mayence, ou l'Allemagne profonde Dijon: CRDP de Dijon. ISBN 2-86621-165-0

Ligazóns externas