Linguas na-dené: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Naa-dene keeled
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Na-Dene langs.png|250px|thumb|right|Distribución das linguas na-dene]]
[[Ficheiro:Na-Dene langs.png|250px|miniatura|right|Distribución das linguas na-dene]]


'''Na-dené''', ou tamén '''na-dene''', '''nadene''' ou '''atapascano-eyak-tlingit''', é unha familia de [[lingua]]s do noroeste do [[Norte de América]].
'''Na-dené''', ou tamén '''na-dene''', '''nadene''' ou '''atapascano-eyak-tlingit''', é unha familia de [[lingua]]s do noroeste do [[Norte de América]].

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 16:32

Distribución das linguas na-dene

Na-dené, ou tamén na-dene, nadene ou atapascano-eyak-tlingit, é unha familia de linguas do noroeste do Norte de América.

Características

Está conformada polas linguas tlingit, haida, eyak e o conxunto de linguas atapascanas, como o apache, o navajo e o chipewa, entre outras, aínda que non exista unanimidade entre os lingüistas; así, por exemplo, o haida hai quen non o considera dentro desta familia. En febreiro de 2008 publicouse un estudo que unía a familia na-dené coa lingua ket, pertencente ás linguas ieniseianas[1]. Son linguas tonais.

De acordo cunha controvertida hipótese do lingüista ruso Sergei Starostin, a familia na-dené é parte da macrofamilia dené-caucásica, que incluiría ademais ás linguas chino-tibetanas, ás norcaucásicas, ás linguas ieniseianas e ao éuscaro. Esta idea xa fora considerada un século antes por Edward Sapir. O profesor Edward Vajda, da Western Washington University, pensa que as linguas na-dené si están relacionadas coas linguas ieniseianas da Siberia[2]. Joseph Greenberg dicía que as linguas na-dené orixináronse nunha migración específica de Asia a América fai oito ou seis mil anos, diferenciada da migración esquimó-aleutina e do resto dos amerindios.

Véxase tamén

Ligazóns externas