Henrique I de Castela: Diferenzas entre revisións
m substituíndo varón (vara grande) por home |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{SenReferencias}} |
{{SenReferencias}} |
||
[[Ficheiro:Enrique I de Castilla.jpg| |
[[Ficheiro:Enrique I de Castilla.jpg|miniatura|dereita|200px|Miniatura do ''Libro de los Reyes''.]] |
||
'''Henrique I de Castela''', nado en [[Valladolid]] o [[14 de abril]] de [[1204]] e finado en [[Palencia]] o [[6 de xuño]] de [[1217]], chamado tamén '''Henrique de Borgoña''', foi [[reino de Castela|rei de Castela]]<ref>A titulación completa era ''Rex Castelle et Toleti'' (Rei de Castela e Toledo)</ref> entre 1214 e 1217. |

Liña 12: | Liña 12: | ||
A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta [[Mafalda de Portugal]], filla do rei [[Sancho I de Portugal|Sancho I]]. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles. |

[[Ficheiro:Sepulcro del rey Enrique I de Castilla. Monasterio de las Huelgas de Burgos (España).jpg| |
[[Ficheiro:Sepulcro del rey Enrique I de Castilla. Monasterio de las Huelgas de Burgos (España).jpg|miniatura|320px|Sepulcro do rei, no [[Monasterio de las Huelgas de Burgos]].]] |
||
Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con [[Sancha II de León|Sancha]], filla de [[Afonso IX]], co que se pretendía unir os reinos de Castela-Toledo e Galiza-León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a [[Fernando III o Santo|Fernando]], fillo de Berenguela e do propio rei galego-leonés. |

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 15:18
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Henrique I de Castela, nado en Valladolid o 14 de abril de 1204 e finado en Palencia o 6 de xuño de 1217, chamado tamén Henrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.
Traxectoria
Fillo menor de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minoría de idade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, Berenguela, que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.
A rexencia de Berenguela foi contestada pola familia Lara, nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.
Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX, co que se pretendía unir os reinos de Castela-Toledo e Galiza-León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei galego-leonés.
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.
Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dos reinos de Galiza e León Fernando III o Santo.
Notas
- ↑ A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)
Reino de Castela | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso VIII de Castela |
Henrique I de Castela | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Borgoña |