Henri Fantin-Latour: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Henri Fantin-Latour 001.jpg|thumb|300px|Auto retrato]]
[[Ficheiro:Henri Fantin-Latour 001.jpg|miniatura|300px|Auto retrato]]
'''Henri Fantin-Latour''', nado en [[Grenoble]] o [[14 de xaneiro]] do [[1836]] e finado o [[25 de agosto]] de [[1904]] no municipio de [[Buré]], [[Baixa Normandía]], era un [[pintor]] [[realismo|realista]] e [[litógrafo]] francés.
'''Henri Fantin-Latour''', nado en [[Grenoble]] o [[14 de xaneiro]] do [[1836]] e finado o [[25 de agosto]] de [[1904]] no municipio de [[Buré]], [[Baixa Normandía]], era un [[pintor]] [[realismo|realista]] e [[litógrafo]] francés.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 15:18

Auto retrato

Henri Fantin-Latour, nado en Grenoble o 14 de xaneiro do 1836 e finado o 25 de agosto de 1904 no municipio de Buré, Baixa Normandía, era un pintor realista e litógrafo francés.

Traxectoria

Formouse co seu pai, o tamén pintor Jean-Theodore Fantin-Latour, e máis tarde con Lecocq de Boisbaudran. Relacionouse cos máis importantes artistas da época. Traballou no taller de Courbet e foi amigo de Manet. Dedicou moitas das súas composicións alegóricas a Wagner, especialmente litografías. Nos retratos colectivos representa artistas coñecidos.

Obra

A súa obra queda á marxe do impresionismo, contribúe ao romanticismo do século XIX, pero clasifícase pola súa técnica no realismo, aínda que utiliza a cor e os brillos de xeito máxico, alcanzando así un realismo lírico. A súa obra esta principalmente composta de retratos femininos, retratos colectivos, bodegóns. Ilustrouse co tema da música, sobre todo cos homenaxes a músicos como Wagner. Fantin-Latour tivo influencia sobre os simbolistas posteriores tal Odilon Redon.

Hai obras de Fantin-Latour nos museos de Thyssen-Bornemisza e no Palacio de Liria en Madrid, no Museo de Orsay en París).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Ligazóns externas