Hematofaxia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
recat.
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Anopheles stephensi.jpeg|thumb|300px|right|''Anopheles stephensi'' chuchando o sangue dunha vitima humana]]
[[Ficheiro:Anopheles stephensi.jpeg|miniatura|300px|right|''Anopheles stephensi'' chuchando o sangue dunha vitima humana]]
A '''hematofaxia''' é o hábito de alimentación daqueles animais que chuchan o [[sangue]] a outros animais. Representa unha forma especializada de [[parasitismo|ectoparasitismo]].
A '''hematofaxia''' é o hábito de alimentación daqueles animais que chuchan o [[sangue]] a outros animais. Representa unha forma especializada de [[parasitismo|ectoparasitismo]].



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 15:17

Anopheles stephensi chuchando o sangue dunha vitima humana

A hematofaxia é o hábito de alimentación daqueles animais que chuchan o sangue a outros animais. Representa unha forma especializada de ectoparasitismo.

Características

Entre os casos máis notables de hematófagos están os mosquitos, dos que só as femias son hematófagas, as carrachas, as pulgas, piollos da cabeza, algúns morcegos (subfamilia Desmodontinae) aos que se chama vampiros, ou as samesugas. Estas foron empregadas para a práctica de "sangrías", drenaxe controlada de sangue con fins médicos.

Transmisión de enfermidades

Os hematófagos son frecuentemente vectores de enfermidades infecciosas, de xeito que a miúdo é sobre eles sobre os que se centran os esforzos de erradicación. Entre os casos máis notables están a malaria, transmitida por mosquitos do xénero Anopheles (ver fotografía); as tripanosomiases, como a enfermidade do soño, transmitida por moscas ou a enfermidade de Chagas, transmitida por chinches da familia Reduviidae; a enfermidade de Lyme, transmitida por carrachas; ou a leishmaniase (ou kala azar) transmitida por pequenos dípteros da familia Phlebotomidae.

Parasitos hematófagos

Especies que se alimentan total ou parcialmente de sangue, de animais ou humanos: Samesugas, chupasangres, carracha, piollo, ladilla, chinche, pulga, pulga humana, mosquito, Phlebotomus papatasi, tábano, mosco escavador da pel, arador da sarna, tenias intestinais, lamprea, morcego vampiro.

Véxase tamén

Outros artigos