Escrituras paleohispánicas: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: af:Oud-Spaanse skrifte |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Mapa_escriptures_paleohispàniques-cast.jpg| |
[[Ficheiro:Mapa_escriptures_paleohispàniques-cast.jpg|miniatura|Escrituras paleohispánicas]] As '''escrituras paleohispánicas''' son os sistemas de escritura que foron creados na [[Península Ibérica]] antes de que o [[alfabeto latino]] se convertese no sistema de escritura dominante. |
||
== Historia == |
== Historia == |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 14:10
As escrituras paleohispánicas son os sistemas de escritura que foron creados na Península Ibérica antes de que o alfabeto latino se convertese no sistema de escritura dominante.
Historia
Estas escrituras usáronse con certeza desde como mínimo o século –V, quizais a partir do s. -VII segundo algunhas hipóteses, ata finais do século -I ou principios do século I e foron o principal vehículo de expresión das linguas paleohispánicas. Agás o alfabeto greco-ibérico, que é unha adaptación do alfabeto grego xónico, o resto de escrituras paleohispánicas comparten unha característica tipolóxica distintiva: presentan signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura, non é nin un alfabeto nin un silabario, senón unha escritura mixta que se identifica normalmente como semisilabario.
As escrituras paleohispánicas pódense agrupar en dous grandes grupos, meridional e nororiental, posto que, aínda que ambos grupos utilizan un repertorio de signos similar, se diferencian claramente polos valores que os signos representan. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe está directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na súa creación tamén influiría o alfabeto grego.
As inscricións que usan os signarios meridionais apareceron fundamentalmente na metade sur da Península Ibérica, representan o 5% do total conservado e moi maioritariamente escríbense de dereita a esquerda:
- O signario de Espanca.
- A escritura tartésica (tamén coñecida como escritura do suroeste da Península Ibérica e como sudlusitana).
- A escritura ibérica suroriental (tamén coñecida como ibérica meridional).
As inscricións que usan os signarios nororientais apareceron fundamentalmente no cuadrante nororiental da Península Ibérica, representan o 95% do total conservado e moi maioritariamente escríbense de esquerda a dereita:
- A escritura ibérica nororiental (tamén coñecida como ibérica levantina).
- A escritura celtibérica.
Galería de imaxes
-
Escritura tartésica. Estela de Fonte Velha (Bensafrim, Lagos).
-
Escritura ibérica suroriental. Cara A do chumpo de La Bastida de las Alcusas (Mogente).
-
Alfabeto greco-ibérico. Cara B do chumbo de la Serreta (Alcoi).
-
Escritura ibérica nororiental. Chumbo de Ullastret (s. -IV).
Véxase tamén
Bibliografía
- Hoz, Javier de (2005): «La recepción de la escritura en Hispania como fenómeno orientalizante», Anejos del Archivo Español de Arqueología XXXV, pp. 363-380.
- Correa, José Antonio (2005): «Del alfabeto fenicio al semisilabario paleohispánico», Palaeohispanica 5, pp.137-154.
- Rodríguez Ramos, Jesús (2004): Análisis de epigrafía íbera, Vitoria-Gasteiz.
- Untermann, Jürgen : Monumenta Linguarum Hispanicarum, Wiesbaden. (1975): I Die Münzlegenden. (1980): II Die iberischen Inschriften aus Sudfrankreicht. (1990): III Die iberischen Inschriften aus Spanien. (1997): IV Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen Inschriften.
- Velaza, Javier (2004): «La escritura en la Península Ibérica antigua», La escritura y el libro en la antigüedad, Madrid, pp. 95-114.