Entaboamento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:DoricParthenon.jpg|thumb|180px|Entaboamento do [[Partenón]]]]
[[Ficheiro:DoricParthenon.jpg|miniatura|180px|Entaboamento do [[Partenón]]]]
Chámase '''entaboamento''' ou ''cornixamento'' ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as [[columna (Arquitectura)|columna]]s na [[arquitectura]] arquitrabada.
Chámase '''entaboamento''' ou ''cornixamento'' ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as [[columna (Arquitectura)|columna]]s na [[arquitectura]] arquitrabada.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 14:06

Entaboamento do Partenón

Chámase entaboamento ou cornixamento ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as columnas na arquitectura arquitrabada.

Características

Divídense en tres seccións:

A orixe destes elementos parece proceder do feito de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. Así o arquitrabe sería a trasposición en pedra dunha viga de madeira. Os triglifos do friso serían as cabezas das vigas secundarias que apoian sobre a anterior, e a cornixa sería o bordo da tablazón de madeira.

Sobre a cornixa, apóianse formando un coroamento, outras dúas cornixas en ángulo ou unha soa arqueada chamándose a este conxunto frontón. O espazo circunscrito polo triángulo resultante recibe o nome de tímpano. Os lados do frontón conforman os laterais da cuberta.

Entre as diferentes formas de frontón as máis comúns son:

  • o frontón triangular (que é o máis habitual)
  • o frontón circular
  • o frontón partido
  • o frontón aguzado
  • o frontón rebaixado (segundo a altura do triángulo)
  • o gablete ou piñón, que é un frontón aguzado e de puro adorno propio da arquitectura oxival. Tamén se chama muro piñón á parte alta dun muro terminada en forma triangular.

Véxase tamén

Outros artigos