Ensalada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: la:Acetaria
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Ensalada.jpg|thumb|<center>Ensalada de leituga e tomate</center>]]
[[Ficheiro:Ensalada.jpg|miniatura|<center>Ensalada de leituga e tomate</center>]]
A '''ensalada''' é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. A máis común en [[Galicia]] combina [[leituga]] e [[tomate]] (con [[cebola]] se se gusta dela) aderezados principalmente con [[sal común|sal]], [[aceite]] e [[vinagre]] (que pode ser substituído por [[limón]]). Soe ser tomada como [[entrante]] ou como [[gornición]] do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.
A '''ensalada''' é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. A máis común en [[Galicia]] combina [[leituga]] e [[tomate]] (con [[cebola]] se se gusta dela) aderezados principalmente con [[sal común|sal]], [[aceite]] e [[vinagre]] (que pode ser substituído por [[limón]]). Soe ser tomada como [[entrante]] ou como [[gornición]] do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 14:05

Ensalada de leituga e tomate

A ensalada é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. A máis común en Galicia combina leituga e tomate (con cebola se se gusta dela) aderezados principalmente con sal, aceite e vinagre (que pode ser substituído por limón). Soe ser tomada como entrante ou como gornición do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.

Ingredientes habituais

Unha ensalada ten tres compoñentes básicos:

  • A base de folla verde. Pode ser outro vexetal.
  • O mollo, con base de aceite e vinagre.
  • Os ingredientes complementarios (optativos).

A base da ensalada é xeralmente unha man de vexetais de follas verdes como as diversas variedades de leituga e outros vexetais. Esta combinación básica pode complementarse con máis ingredientes como o atún en conserva, a cenoria, o ovo duro, os espárragos etc. Unha ensalada admite como ingredientes complementarios practicamente de todo: carne, peixe, legumes, queixos, froitas, millo doce, arroz, pastas, noces, abelás, piñóns, améndoas etc. As máis modernas tamén admiten froitas como a piña, a mazá, a pera etc. Aínda que a maioría das ensaladas se toman frías, tamén hai modalidades con ingredientes mornos ou quentes. A vinagreta (aceite, vinagre e sal) pode suplirse por outros mollos como o limón, a maonesa, a salsa rosa etc.

Tamén se chaman ensaladas a outras combinacións baseadas nun vexetal (cocido ou cru) que se toma frío e sazonado cun mollo de aceite e vinagre (ou variantes) combinado con outros ingredientes (como xa se indicou). Deste xeito, fanse as ensaladas de pataca, xudías, tomate etc.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Castro, X. (1998) A lume manso: estudios sobre historia social da alimentación en Galicia. Vigo: Galaxia.
  • Cunqueiro, A. (1973). A cociña galega. Vigo: Galaxia.
  • Parada, C. (1982). Recetas de cociña galega. Vigo: Galaxia.

Ligazóns externas