Colleita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: scn:Ricota
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=maio de 2012}}
{{Sen referencias|data=maio de 2012}}
[[Imaxe:Manual harvest in Tirumayam.jpg|thumb|A colleita tense realizado a man ao longo da historia humana.]]
[[Imaxe:Manual harvest in Tirumayam.jpg|miniatura|A colleita tense realizado a man ao longo da historia humana.]]
[[Imaxe:Harvest Straw Bales in Schleswig-Holstein.jpg|thumb|[[Fardo]] ou bala de [[Feno|feno]] nun campo de Schleswig-Holstein, [[Alemaña]].]]
[[Imaxe:Harvest Straw Bales in Schleswig-Holstein.jpg|miniatura|[[Fardo]] ou bala de [[Feno|feno]] nun campo de Schleswig-Holstein, [[Alemaña]].]]

A '''colleita''' é o conxunto dos produtos do [[Agricultura|agro]], ou dun produto en particular, que se recollen ao chegar a época, normalmente unha vez ao ano. Por extensión, tamén se denomina colleita á operación e ao tempo de recolectar eses [[froito]]s, [[semente]]s ou hortalizas maduras dos [[campo]]s. A colleita marca o final do crecemento dunha estación, xeira ou a fin do ciclo dun froito ou cultivo en particular. O termo colleitar no seu uso xeral inclúe tamén as accións posteriores á recolección do froito propiamente dita, tales como a limpeza, clasificación e embalado do recolectado até a súa almacenaxe na [[granxa]] (no [[Celeiro (construción)|celeiro]] ou [[hórreo]]), ou o seu envío ao mercado de venda a por xunto ou ao consumidor.

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 13:08

A colleita tense realizado a man ao longo da historia humana.
Fardo ou bala de feno nun campo de Schleswig-Holstein, Alemaña.

A colleita é o conxunto dos produtos do agro, ou dun produto en particular, que se recollen ao chegar a época, normalmente unha vez ao ano. Por extensión, tamén se denomina colleita á operación e ao tempo de recolectar eses froitos, sementes ou hortalizas maduras dos campos. A colleita marca o final do crecemento dunha estación, xeira ou a fin do ciclo dun froito ou cultivo en particular. O termo colleitar no seu uso xeral inclúe tamén as accións posteriores á recolección do froito propiamente dita, tales como a limpeza, clasificación e embalado do recolectado até a súa almacenaxe na granxa (no celeiro ou hórreo), ou o seu envío ao mercado de venda a por xunto ou ao consumidor.

A sincronización de plantación e recolleita é unha decisión crítica, que depende do equilibrio entre as posíbeis condicións atmosféricas e o grao de madureza da colleita. As condicións atmosféricas como as xeadas ou períodos fríos e quentes fóra de tempada poden afectar a produción e calidade.

Colleitar cedo pode evitar as condicións prexudiciais amis dar lugar a unha produción máis pobre en cantidade e calidade. A colleita serodia pode redundar nunha maior cantidade e calidade, pola contra fai máis probábel a exposición a condicións climatolóxicas non desexadas. Atinar coa data ideal da colleita ten a súa parte de xogo de azar.

Nas granxas máis cativas onde a mecanización é mínima, na recolleita, o traballo manual é máis intenso durante a época de recolección. Nas granxas grandes e mecanizadas é nesta época cando se emprega a maquinaria máis pesada e sofisticada coma a colleitadora.

Véxase tamén

Outros artigos