Canzorro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fr, it, pl, ru
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro5.JPG|thumb|right|250px|Canzorro da [[igrexa de San Pedro de Ansemil]]]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro5.JPG|miniatura|right|250px|Canzorro da [[igrexa de San Pedro de Ansemil]]]]
En [[arquitectura]], denomínase '''canzorro''' á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a [[cornixa]] ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza voladiza -de calquera material- que soporta os extremos dunha [[cuberta]] ou un [[lintel]].
En [[arquitectura]], denomínase '''canzorro''' á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a [[cornixa]] ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza voladiza -de calquera material- que soporta os extremos dunha [[cuberta]] ou un [[lintel]].



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 12:39

Canzorro da igrexa de San Pedro de Ansemil

En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza voladiza -de calquera material- que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.

Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento meramente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.

Tamén pode recibir o nome de modillón, ou o máis xenérico de ménsula.

En Galicia, na arquitectura románica foi moi utilizado sendo un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas.