Bertha von Suttner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (Bot: Engado: tr:Bertha von Suttner
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 4: Liña 4:

==Traxectoria==
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Bertha-von-Suttner-1906.jpg|thumb|dereita|150px|Bertha von Suttner en 1906.]]
[[Ficheiro:Bertha-von-Suttner-1906.jpg|miniatura|dereita|150px|Bertha von Suttner en 1906.]]
Foi filla do conde [[Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau]] e de [[Sophie von Körner]]. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do [[imperio austrohúngaro]]. En 1876 casou co escritor e nobre [[Arthur Von Suttner]]. Xa casada, estudou [[música]] e [[literatura]]; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a [[París]], regresando definitivamente a Austria en [[1885]].

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 12:15

Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praha o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.

Traxectoria

Bertha von Suttner en 1906.

Foi filla do conde Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau e de Sophie von Körner. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do imperio austrohúngaro. En 1876 casou co escritor e nobre Arthur Von Suttner. Xa casada, estudou música e literatura; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a París, regresando definitivamente a Austria en 1885.

En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder!, traducida a diversas linguas convertida axiña nun clásico do movemento pacifista internacional. Editou unha revista pacifista internacional co mesmo título. Outras publicacións que reflicten o seu ideal foron Das Maschinenzeitaler (onde critica os nacionalismos radicais e o armamento) e Inventarium einer Seele (onde se percebe a influencia de H. T. Buckle, Herbert Spencer e Charles Darwin).

Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz, difundindo a idea en numerosas conferencias en toda Europa, e creando unha asociación para promovela en Austria. En 1905 recibiu o premio Nobel da Paz, se ben pénsase que parte da decisión puido deberse á súa relación de secretaria e amiga de Alfred Nobel. Faleceu pouco antes de comezar a Primeira Guerra Mundial.