Ante Gotovina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
A 1ª ed. deste artigo está feita con achegas das wiki en es, fr e en
 
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Antegotovina.jpg|thumb|300px|Ante Gotovina, detido pola policía española.]]
[[Ficheiro:Antegotovina.jpg|miniatura|300px|Ante Gotovina, detido pola policía española.]]
'''Ante Gotovina''', nado o [[12 de outubro]] de [[1955]] na [[Illa de Pašman]], [[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]] (actual [[Croacia]]), é un antigo [[xeneral]] do [[Croacia|exército croata]]. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como [[prófugo]] da xustiza pola súa actuacíón nas [[guerras iugoslavas]], foi capturado en [[Tenerife]], [[España]] a finais de [[2005]].
'''Ante Gotovina''', nado o [[12 de outubro]] de [[1955]] na [[Illa de Pašman]], [[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]] (actual [[Croacia]]), é un antigo [[xeneral]] do [[Croacia|exército croata]]. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como [[prófugo]] da xustiza pola súa actuacíón nas [[guerras iugoslavas]], foi capturado en [[Tenerife]], [[España]] a finais de [[2005]].



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 11:40

Ficheiro:Antegotovina.jpg
Ante Gotovina, detido pola policía española.

Ante Gotovina, nado o 12 de outubro de 1955 na Illa de Pašman, Iugoslavia (actual Croacia), é un antigo xeneral do exército croata. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como prófugo da xustiza pola súa actuacíón nas guerras iugoslavas, foi capturado en Tenerife, España a finais de 2005.

O 15 de abril de 2011 o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) declarouno culpábel de crimes contra a humanidade, sendo condenado a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís serbios e a desaparición de varios centos nun (a Operación Tormenta contra a autoproclamada República Serbia de Krajina, en 1995. Tamén foi condenado por actos de persecución contra a población serbia de dito enclave en Croacia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de 250.000 habitantes de etnia serbia.[1]

Biografía

Na década dos anos 1970 Gotovina loitoi durante sete años en Chad como membro da Lexión Estranxiera Francesa,[2] e, despois de sufrir unha ferida na cabeza, recuperouse navegando nun iate polas Illas Canarias. En San Agistín, en Gran Canaria, fíxose membro dun club de paracaidistas e, en 1982 foi designado instrutor de comandos en América Latina, cargo co que viaxou por Guatemala, Paraguai, Colombia, Arxentina, Chile e Brasil.

Regresou a Croacia cuando esta, presidida por Franjo Tudjman, proclamou a independencia de Iugoslavia en 1991, e se desatataron as guerras de Croacia e Bosnia contra Iugoslavia e, despois, contra Serbia. O xeneral estivo ao mando en numerosas ofensivas contra os serbios en Croacia (e en Bosnia), entre elas a Operación Tormenta, na que o exército croata reconquistou en cinco días no mes de agosto de 1995 o territorio no que a minoría serbia autoproclamara a súa República Serbia de Krajina. Gotovina foi un dos principais comandantes daquela operación e está considerado por iso un heroe nacional por gran parte dos cidadáns croatas.

Segundo a acusación do fiscal do TPII que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".[3]

Gotovina pasou ao retiro en 2000 por orde do presidente Stjepan Mesić xunto con outros seis xenerais, ao opoñerse á plena cooperación co TPII. Tras esconderse durante dous anos, en 2003 recoñeu a xurisdicción do TPII nunhas declaracións que concedeu a un semanario croata, nas que pediu que investigadores do Tribunal o interrogaran primeiro en Zagreb, prometendo que se entregaría de cumprirse esa condición e, se despois de escoitar as súas respostas, o TPII aínda seguía incriminándoo.

Mesić apoio a proposta de Gotovina, pero o TPII insistiu na súa entrega incondicional, o que non sucedeu. Finalmente foi arrestado, sen opoñer resistencia, nun restaurante de Arona), ao sur de Tenerife, o 7 de decembro de 2005, por la policía española.[4] Inmediatamente foi trasladado a Haia (Países Baixos), onde se encontra a sede do Tribunal.

Xuízo e condena

A finais de 2006 ao caso Gotovina uníronse os casos contra Ivan Čermak, que resultaría absolto, e Mladen Markač, condenado a 18 anos de prisión en relación cos mesmos feitos (a Operación Tormenta).[5] O xuízo debía comezar en maio de 2007, pero pospúxose indefinidamente debido aos conflitos entre os avogados defensores.[6] Como avogados de Gotovina actuaron o estadounidense Greg Kehoe e o croata Luka Misetić.[7]

A causa foi instruída o 11 de marzo de 2008.[8] Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.[9] Gotovina, xunto cos tamén xenerais Ivan Čermak e Mladen Markač foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".[10]

O 15 de abril de 2011 o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia condeouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís serbios e a desaparición de varios centos durante os ataques á República Serbia de Krajina, en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a población serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.

Notas e referencias

Véxase tamién

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas