Animismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ky:Анимизм
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Urarina shaman B Dean.jpg|thumb|200px|Chamán [[urarina]]]]
[[Ficheiro:Urarina shaman B Dean.jpg|miniatura|200px|Chamán [[urarina]]]]
O '''animismo''' (do [[latín]] ''ánima'', alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os obxectos (útiles de uso cotián ou ben aqueles reservados a ocasións especiais) como calquera elemento do mundo natural (montañas, ríos, o ceo, a terra, determinados lugares característicos, rochas, plantas, animais, árbores, etc) están dotados de alma e son venerados ou tidos como deuses.
O '''animismo''' (do [[latín]] ''ánima'', alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os obxectos (útiles de uso cotián ou ben aqueles reservados a ocasións especiais) como calquera elemento do mundo natural (montañas, ríos, o ceo, a terra, determinados lugares característicos, rochas, plantas, animais, árbores, etc) están dotados de alma e son venerados ou tidos como deuses.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 11:39

Chamán urarina

O animismo (do latín ánima, alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os obxectos (útiles de uso cotián ou ben aqueles reservados a ocasións especiais) como calquera elemento do mundo natural (montañas, ríos, o ceo, a terra, determinados lugares característicos, rochas, plantas, animais, árbores, etc) están dotados de alma e son venerados ou tidos como deuses.

Malia caber dentro desta concepción múltiples variantes do fenómeno, como a crenza en seres espirituais, incluídas as almas humanas, na práctica a definición esténdese que seres sobrenaturais personificados, dotados de razón, intelixencia e vontade, habitan os obxectos inanimados e gobernan a súa existencia. Isto pódese expresar sinxelamente como que todo está vivo, é consciente ou ten unha alma.

En África o animismo atópase na súa versión máis complexa e rematada, sendo así que inclúe o concepto de magara ou forza vital universal, que conecta a todos os seres animados, así como a crenza nunha relación estreita entre as almas dos vivos e dos mortos. Noutros lugares o animismo é en cambio a crenza na que os obxectos (como animais, ferramentas e fenómenos naturais) son ou posúen expresións de vida intelixente.

Os neopaganos ás veces describen como animista ao seu sistema de crenzas; un exemplo desta idea é que a Deusa nai e o Deus cornudo coexisten en todas as cousas. Así mesmo, os panteístas igualan a Deus coa existencia.

O termo tamén é o nome dunha teoría da relixión proposta en 1871 polo antropólogo sir Edward Burnett Tylor no seu libro Primitive Culture (Cultura primitiva).

Ligazóns externas