Alfredo Pérez Rubalcaba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Alfredo Pérez Rubalcaba tras la reunión de la Comisión Delegada del Gobierno para situaciones de crisis.jpg|thumb|right]]
[[Ficheiro:Alfredo Pérez Rubalcaba tras la reunión de la Comisión Delegada del Gobierno para situaciones de crisis.jpg|miniatura|right]]
'''Alfredo Pérez Rubalcaba''', nado o [[28 de xullo]] de [[1951]] en [[Solares]] é un [[político]] [[Cantabria|cántabro]] pertencente ó [[Partido Socialista Obrero Español]]. É Doutor en [[Ciencias Químicas]] e foi profesor universitario na [[Universidade Complutense]]. Foi [[Ministerio de Educación e Ciencia de España|Ministro de Educación e Ciencia]] ([[1992]] - [[1993]]) e [[Ministerio da Presidencia de España|Ministro da Presidencia]] ([[1993]] - [[1996]]). Na V lexislatura foi deputado por [[provincia de Toledo|Toledo]], e despois pasou a selo por [[provincia de Madrid|Madrid]] nas eleccións de [[1996]] e de [[2000]], por [[Cantabria]] en [[2004]] e por [[provincia de Cádiz|Cádiz]] en [[2008]]. Desde [[abril de 2006]] é [[Ministerio do Interior de España|Ministro del Interior]] e a partir de outubro de [[2010]] ademais voceiro do Goberno e vicepresidente primeiro.

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 11:29

Alfredo Pérez Rubalcaba, nado o 28 de xullo de 1951 en Solares é un político cántabro pertencente ó Partido Socialista Obrero Español. É Doutor en Ciencias Químicas e foi profesor universitario na Universidade Complutense. Foi Ministro de Educación e Ciencia (1992 - 1993) e Ministro da Presidencia (1993 - 1996). Na V lexislatura foi deputado por Toledo, e despois pasou a selo por Madrid nas eleccións de 1996 e de 2000, por Cantabria en 2004 e por Cádiz en 2008. Desde abril de 2006 é Ministro del Interior e a partir de outubro de 2010 ademais voceiro do Goberno e vicepresidente primeiro.

Traxectoria

Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no PSOE en 1974, no que comezou a colaborar na Federación Socialista Madrileña e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.

Coa chegada ó Gobierno do PSOE en 1982, Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en 1988 foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre 1992 e 1993 foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións xerais de 1993, o daquela presidente do Goberno, Felipe González, nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas ortes (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as Eleccións xerais de 1996.

Nas xerais de marzo de 1996, que o PSOE perdeu fronte ó PP, Rubalcaba resultou elixido deputado por Madrid.

Un ano máis tarde, no XXXIV Congreso do PSOE, foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do PSOE, Joaquín Almunia, veu a refrendar a súa notable importancia no Partido na nova etapa. De feito, o actual ministro do Interior foi un dos principais encargados de mantr contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de 1999.

No XXXV Congreso socialista, no que José Luis Rodríguez Zapatero foi elixido novo secretario xeral do PSOE, Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido. Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co PP o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de 2000.

Nas eleccións xerais de marzo de 2004, Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do PSOE, e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no Congreso de los Diputados. Desde o 11 de abril de 2006 substitúe a José Antonio Alonso á fronte da Carteira de Interior. Este relevo produciuse tralo "alto ao fogo" da banda terrorista ETA. A partir de 2010 sumoulle tamén a vicepresidencia do goberno e mais o cargo de voceiro, que desempeñou ata uns meses antes das eleccións xerais de 2011, nas que encabezou a candidatura do PSOE á presidencia do goberno.

Predecesor:
Javier Solana
 
Ministro de Educación e Ciencia
 
1992 - 1993
Sucesor:
Gustavo Suárez Pertierra
Predecesor:
Javier Moscoso del Prado y Muñoz
 
Ministro da Presidencia
 
1993 - 1996
Sucesor:
Francisco Álvarez Cascos
Predecesor:
José Antonio Alonso
 
Ministro do Interior
 
2006 - 2011
Sucesor:
Antonio Camacho
Predecesor:
María Teresa Fernández de la Vega
 
Vicepresidente Primeiro do Goberno
 
2010 - 2011
Sucesor:
Elena Salgado
Predecesor:
María Teresa Fernández de la Vega
 
Voceiro do Goberno
 
2010 - 2011
Sucesor:
Ramón Jáuregui

|}

Véxase tamén

Ligazóns externas