Afrancesado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Joseph-Bonaparte.jpg|thumb|Xosé I]]
[[Ficheiro:Joseph-Bonaparte.jpg|miniatura|Xosé I]]
'''Afrancesado''' é o nome co cal se coñece en [[España]] e [[Portugal]] aos partidarios da [[Revolución Francesa]], do [[liberalismo]] e das ideas da [[Ilustración]] que apoiaron a ocupación francesa da [[Península Ibérica]] durante o [[Primeiro Imperio Francés]].
'''Afrancesado''' é o nome co cal se coñece en [[España]] e [[Portugal]] aos partidarios da [[Revolución Francesa]], do [[liberalismo]] e das ideas da [[Ilustración]] que apoiaron a ocupación francesa da [[Península Ibérica]] durante o [[Primeiro Imperio Francés]].



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 11:19

Xosé I

Afrancesado é o nome co cal se coñece en España e Portugal aos partidarios da Revolución Francesa, do liberalismo e das ideas da Ilustración que apoiaron a ocupación francesa da Península Ibérica durante o Primeiro Imperio Francés.

Historia e características

En España o termo xa aparecera durante o reinado de Carlos III aínda que tiña un carácter neutro e só designaba os que seguían as modas francesas e xo adquiriu un significado pexorativo durante o reinado de Xosé I, irmán de Napoleón e que pretendeu reformar as estruturas do estado. Cando caeu o réxime bonapartista en España gran parte dos afrancesados marcharon ao exilio a Francia, entre 4.000 e 12.000. Durante a amnistía de 1820 moitos volveron pero coa fin do trienio liberal volverán cruzar a fronteira.

Galicia

En Galicia houbo 600 acusados de colaborar co goberno de Xosé I, foi a cidade de Santiago de Compostela onde maior fora a influencia dos partidarios de Bonaparte co apoio dunha parte pequena dos profesores da Universidade, existindo xa desde comezos de século un club liberal dirixido por Pedro Bazán de Mendoza e Manuel Acuña, aínda que este último se oporá aos franceses. Pola contra Bazán de Mendoza foi o principal valedor dos franceses en Galicia, despois da chegada dos franceses á cidade en xaneiro de 1809 foi director da Universidade, xefe de policía e superintendente do exército. Na cidade da Coruña os afrancesados eran comerciantes de orixe francesa, destacando os irmáns Barrié e membros da burocracia local. En Ferrol os máximos dirixente foran Manuel de la Piedra e o xeneral Pedro Obregón, que contaba co apoio de algúns militares. En Vigo os afrancesados máis importantes tamén eran comerciantes de orixe francesa.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Xosé Ramón Barreiro Fernández, Aproximación histórica ó tema dos afrancesados en Galicia nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986