Área metropolitana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Engado: eu:Metropoli eremu
KLBot2 (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ast:Área metropolitana
Liña 26: Liña 26:
[[ar:تجمع حضري]]
[[ar:تجمع حضري]]
[[arz:مدينه كبرى]]
[[arz:مدينه كبرى]]
[[ast:Área metropolitana]]
[[bg:Метрополен регион]]
[[bg:Метрополен регион]]
[[bo:གྲོང་ཁྱེར་ཆེན་པོར།]]
[[bo:གྲོང་ཁྱེར་ཆེན་པོར།]]

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2012 ás 23:41

Unha área metropolitana é un grande centro poboacional que abrangue unha cidade central, que lle dá o nome á área, e a súa zona adxacente de influencia. Esta zona de influencia normalmente consiste nunha serie de cidades adxacentes, chamadas cidades satélites, que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais ou comerciais. A área metropolitana organizase de maneira centralizada en torno a cidade central.

Definición e características

O concepto de área metropolitana fai referencia a unha aglomeración urbana, xeralmente unha grande cidade central, combinada cunha periferia non necesariamente urbana que se acha dentro da zona de influencia, xeralmente cidades satélites e/ou suburbios, e que constitúen un grande centro poboacional.

Varias son as características que definen a área metropolitana e a relación entre ambas zonas.

  • A rexión metropolitana non precisa estar obrigatoriamenta formada por unha única zona contigua urbanizada, podéndose designar como rexión metropolitana, unha rexión con dúas ou más áreas urbanizadas intercaladas con áreas rurais.
  • A rexión metropolitana posúe un alto grau de integración entre as áreas mantendo una organización centralizada en torno a cidade central.
  • A rexión metropolitana está definida polas correspondentes administracións. E,
  • A rexión metropolitana constitúese como un grande centro de poboación de grande densidade.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Asociación mundial das grandes metrópoles