Facultade de Informática da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Cambio a imaxe
Liña 3: Liña 3:
{{Facultade
{{Facultade
|nome = Facultade de Informática da Coruña
|nome = Facultade de Informática da Coruña
|imaxe = Universidade_da_Coruña.png
|imaxe = Logo_fic.jpg
|pé = Logo da [[Universidade da Coruña | UDC]].
|pé = Logotipo da Facultade.
|universidade= [[Universidade da Coruña | UDC]]
|universidade= [[Universidade da Coruña | UDC]]
|localización= [[A Coruña]]
|localización= [[A Coruña]]

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2012 ás 22:17

Coordenadas: 43°19′58″N 08°24′38″O / 43.33278, -8.41056

Facultade de Informática da Coruña

Logotipo da Facultade.
Universidade: UDC
Localización: A Coruña
Campus: Campus de Elviña
Enderezo: Campus de Elviña, s/n.
15071
Ano de fundación: 1986
Decano: Alberto Valderruten Vidal
Docentes: 168 (2010/2011)
Estudantes: 1.776 (2010/2011)[1]
Teléfono: 981 16 70 00
Correo electrónico: decanato.fic@udc.es
Páxina web: http://www.fic.udc.es

A Facultade de Informática da Coruña (FIC) é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no campus de Elviña.

Historia[2]

Logotipo conmemorativo do 25 aniversario da fundación da Escola Universitaria de Informática da Coruña (1986-2011).

A idea de crear na Coruña unha escola universitaria de informática comezou a tomar corpo entre 1983 e 1985, promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fíxose eco Alfredo Bermúdez de Castro, por entón vicerreitor na Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en Galicia. Esta reunión, que se celebrou co apoio da Deputación da Coruña no pazo de Mariñán, deixou sentadas as bases da carreira.

En 1985 o reitor da USC, Carlos Pajares Vales, nomeou ó profesor José Luis Freire Nistal comisionado do proxecto e en 1986 creouse a Escola Universitaria de Informática da Coruña baixo a súa dirección. Desde o inicio das reunións participaron activamente distintas figuras académicas e profesionais que se comprometeron coa idea, podéndose destacar a Miguel Rodríguez Rubio e a Sebastián Bamonde Rodríguez, que despois se incorporarían coma profesores da Escola. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo Consello de Universidades: a Diplomatura en Informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.

A Escola comezou a súa andadura en 1986 nalgunhas aulas e locais que lle cedeu a Escola de Aparelladores, onde chegaron a compartir un despacho entre cinco profesores. O alumnado examinábase en taboleiros de debuxo.

En 1989, durante o mandato do profesor Antonio Blanco Ferro -primeiro director electo do Centro- conseguiuse a aprobación do segundo ciclo de estudos en informática e sentáronse as bases para o financiamento dun edificio: era a etapa da fundación da Universidade da Coruña sendo o primeiro reitor José Antonio Portero Molina.

En 1991 créase a Facultade de Informática coa implantación da Licenciatura en Informática e o director da Escola naquel momento, Juan Ares Casal, decide que é mellor que non coexistan a Facultade e a Escola, polo que ó remate do curso desaparece esta última. Con motivo da creación da Facultade, o reitor José Luis Meilán Gil nomea como decano comisionado a José Luis Freire Nistal e Juan Ares Casal será vicedecano.

No ano 1993 inaugurouse o actual edificio e en 1994 chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión. Nesta etapa xorde o acrónimo "FIC" proposto polos estudantes para identificar á Facultade de Informática da Coruña.

A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas titulacións deran paso no curso 2010/2011 ós novos títulos de grao e mestrado, proceso que ten lugar durante o mandato coma reitor do ex-decano da Facultade José María Barja Pérez e que comeza coa implantación do Mestrado en Informática en 2006, transformándose no Mestrado Universitario en Enxeñería de Sistemas Informáticos en 2009, e culmina coa implantación do título de Grado en Enxeñería Informática un ano máis tarde.

Titulacións

Facultade de Informática da UDC

A Facultade está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna

Enxeñarías (en extinción)

  • Enxeñaría informática.
  • Enxeñaría técnica en informática de Sistemas.
  • Enxeñaría técnica en informática de Xestión.

Graos

Tras a reforma universitaria, na Facultade impártense os graos de:

  • Grao en Enxeñaría Informática (especialidades de Computación, Enxeñaría de computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da información e Enxeñaría do software).

Mestrados

Impártense tamén seis mestrados xa adaptados ó EEES[3]:

  • Mestrado universitario en enxeñaría informática.
  • Mestrado interuniversitario en enxeñaría matemática.
  • Mestrado interuniversitario en técnicas estatísticas.
  • Mestrado interuniversitario en tecnoloxías da información e as comunicacións en redes móbiles.
  • Mestrado interuniversitario en computación de altas prestacións.
  • Mestrado interuniversitario en computación.


Equipo decanal

O actual decano é Alberto Valderruten Vidal[4], nomeado por primeira vez o 9 de xaneiro de 2004 sendo o terceiro decano da historia da Facultade.

Na etapa de Escola Universitaria foron directores:

Desde a súa fundación coma Facultade foron decanos:

  • José Luis Freire Nistal (11 de xullo de 1991 - 11 de xuño de 1999).
  • José María Barja Pérez (12 de xuño de 1999 - 8 de xaneiro de 2004; causou baixa ao ser elixido reitor da Universidade da Coruña).
  • Alberto Valderruten Vidal (9 de xaneiro de 2004 - actualidade).

O equipo decanal neste momento é o seguinte:

Cargo Nome
Decano Alberto Valderruten Vidal
Secretario Jorge Graña Gil
Vicedecano de Organización Académica Mario Francisco Fernández
Vicedecano de Recursos Informáticos José Carlos Dafonte Vázquez
Vicedecano de Infraestruturas Carlos José Escudero Cascón
Vicedecano de Relacións Institucionais Manuel Francisco González Penedo
Vicedecano Responsable de calidade Basilio Bernardo Fraguela Rodríguez
Coordinadora do Mestrado Universitario en Enxeñaría de Sistemas Informáticos Ana Belén Porto Pazos

Departamentos

Os departamentos cos que conta a Facultade son[5]:

  • Computación.
  • Electrónica e sistemas.
  • Matemáticas.
  • Tecnoloxía da información e das comunicacións.
  • Outros departamentos que imparten materias nesta Facultade pero que teñen a súa sede noutras son:
    • Economía financeira e contable.
    • Filoloxía inglesa.
    • Dereito público especial.

Curiosidades

O 19 de marzo celébrase a festividade de San Xosé, patrón do centro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas