Gaita galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
a gaita de barquín existía tradicionalmente en Galicia, na páxina de conversa está a ligazón a un traballo do Consello da Cultura Galega onde así o recolle.
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 69: Liña 69:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.gaiteirosgalegos.com Asociación Galega de Gaiteiros]
* [http://www.gaiteirosgalegos.com Asociación Galega de Gaiteiros]
* [http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/clasificacion/os-aerofonos/aerofonos-de-lingueta/aerofonos-de-lingueta-dupla-dotados-de-fol-as-gaitas-de-fol/ Pablo Carpintero Arias. Os instrumentos musiciais na tradición galega:Aerófonos de lingüeta dupla dotados de fol. As gaitas de fol. Consello da Cultura Galega]
* [http://www.clip.dia.fi.upm.es/~boris/gaita/index.html Galician Bagpipes] (en inglés)
* [http://www.clip.dia.fi.upm.es/~boris/gaita/index.html Galician Bagpipes] (en inglés)
* [http://www.galespa.com.ar/gaita_fol.htm A gaita do fol en Galicia espallada]
* [http://www.galespa.com.ar/gaita_fol.htm A gaita do fol en Galicia espallada]

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2012 ás 16:48

Gaiteiros nunha romaría

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.

Partes

Gaita fabricada por Xosé Manuel Seivane.
A gaita galega representada nas alfombras do Corpus de Ponteareas 2009.

A gaita galega consta de:

  • un soprete, co que se introduce o aire no fol,
  • un punteiro, co que se pode tocar en "aberto", ou en "pechado",
  • un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento,
  • un roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaiteiro, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de re, pero dúas oitavas máis abaixo,
  • un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaiteiro, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición Re do punteiro, e
  • un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición Re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.

O roncón componse de tres pezas: a tercia, ou parte final, por onde sae o son que remata na copa, a segunda e a prima. O ronquete está composto de dúas pezas respectivamente, copa e prima. O ronquillo é de unha soa peza.

O roncón, o ronquete e o ronquillo sintonízanse á nota do punteiro mediante o deslizamento telescópico das súas partes compoñentes, de tal maneira que o tubo resultante é máis longo ou máis curto, adecuándose así á lonxitude da onda da nota emitida. Á hora de realizar esta sintonización, percíbese que esta está realizada para percibir auditivamente a posta en fase de dous sons comparados.

As gaitas adórnanse con gravuras sobre a madeira, deseños sobre o fol, farrapos e borlas. As cores máis empregadas son o negro con verde e vermello. A gaita galega adoita ser construída como madeira de buxo, pau santo e granadillo. As buxas (os tubos que conectan as pezas) fixéronse tradicionalmente de corno ou madeira de buxo, mais os modelos en metal ou marfil (ou de imitación) son cada vez máis frecuentes. Na actualidade utilízanse foles de gore-tex, pallóns sintéticos, válvulas máis incrementadas, estabilizadores de bordóns e controladores de humidade interna da bolsa.

Evolución

Representación dunha gaita galega nas Cantigas de Santa María (século XIII)

As primeiras representacións gráficas da gaita son de mediados do século XIII. Constaba entón de fol, punteiro e soprete, sen roncón. Coincidindo co desenvolvemento da polifonía, engadíronselle os bordóns e na segunda metade do XIII e no XIV aparece xa cun roncón, con dous ou mesmo sen ningún. Nun principio, este tiña forma abucinada e posteriormente tomou a forma de copa.

Na segunda metade do século XIX introduciuse un chillón como apoio ao punteiro, colocado a carón deste. Ben entrado o século XX apareceu unha ronqueta, máis pequena que o segundo bordón dos séculos anteriores.

Tipos de gaitas empregadas en Galiza

Gaita tradicional
consta de fol, punteiro, roncón e soprete.
Gaita con ronqueta
engádeselle unha ronqueta pequena frontal.
Gaita con ronqueta e chillón
engádeselle un chillón frontal.
Gaita de barquín
adaptación dunha gaita irlandesa na que, en vez de soprar, o aire insúflase cun barquín.
Gaita de banda ou marcial
adaptación da gaita escocesa na que a ronqueta e o chillón colócanse á par do roncón. Adoita estar afinada en Si bemol.


A existencia deste último tipo, introducida pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense a finais do século XX, provocou unha forte controversia cos gaiteiros "tradicionais".

Execución

Os gaiteiros insisten na dignidade do seu oficio, que se debe transmitir cunha postura correcta: a cabeza erguida, o fol ben situado baixo o brazo, o roncón nunca paralelo ao chan, o soprete ben colocado na boca e esta nunca inchada co aire que se ha de soprar.

Para a gaita existen dous modos de dixitación:

  • "aberto": érguense os dedos até a nota que se desexa
  • "fechada": só se ergue o dedo do que se desexa facer a nota.

Dado que o sopro de ar é continuo, para separar as notas do mesmo ton recórrese a dúas técnicas:

  • "picado": realízase un golpe seco e rápido cos dedos, normalmente superiores á nota que se quer repetir, separándoos dos buracos que tapan.
  • "batemento": golpéase cun ou varios dedos simultaneamente sobre os buracos abertos do punteiro.

Non é habitual que un gaiteiro toque só. Normalmente reúnense dous ou tres, que se acompañan de percusión: bombo e redobrante, pandeiro, pandeiretas, cunchas, etc. Ademais destes grupos de gaitas, nos anos noventa do século XX apareceron numerosas bandas de gaitas baseadas no modelo escocés.

O mito celta

Entre as hipóteses menos consideradas por historiadores serios está o famoso mito celta. Para moitas persoas, a gaita estaría asociada aos "pobos celtas", os cales terían creado e desenvolvido o instrumento. Moitas influencias modernas terían contribuído para esa crenza, como o movemento New Age e a ignorancia doutros modelos alén da gaita das Highlands.

O feito é que as gaitas se desenvolveron especialmente entre os pobos celtas, principalmente por hoxe ser polémica esa definición. Para alén das diversas correntes migratorias ao longo dos séculos por diferentes pobos, hoxe cuestiónase moito a real extensión dese pobo. Este mito hoxe mellor atende á industria cultural de masas, en especial a fonográfica e a cinematográfica.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Estévez Vila, Xaime (1987). A gaita no eido da música. auto-edición. ISBN 84-404-0315-1. 
  • Losada Castro, Óscar (2000). Alento de gaita. O sopro dun pobo. Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-05-3. 
  • Novoa González, Mª del Carmen (1980). La gaita y la cornamusa en Galicia y Francia. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-021-3.  (en castelán)

Aprendizaxe

  • Foxo, Xosé Lois (2004). Os segredos da gaita. Ourense. Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. ISBN 84-96011-86-0.  (6ª edición)
  • Vaamonde Manteiga, Xesús (2000). Solo de Gaita. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-105-7. 
  • Xesteira Losada, Xaquín (2004). Método de Gaita Galega I. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-358-7. 
  • Xesteira Losada, Xaquín (2007). Método de Gaita Galega I. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-359-4. 
  • A serie Cadernos de Gaita Galega da editorial Dos Acordes.

Ligazóns externas