Sahagún, León: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: io:Sahagún, León
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas '''Crónicas Anónimas'''. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as ''rebelións burguesas'' sucedidas entre 1237 e 1255.
O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas '''Crónicas Anónimas'''. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as ''rebelións burguesas'' sucedidas entre 1237 e 1255.


Así, a Abadía converteuse na máis importante do [[Camiño de Santiago]], chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de [[provincia de Segovia|Segovia]]. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por [[Clemente VI]] en 1347; con [[Bieito XIII]], en 1403 podíanse cursar xa os estudos de [[Teoloxía]], Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa [[Universidade de Salamanca]] e proveu de catedráticos á de [[Universidade de Alcalá de Henares|Alcalá de Henares]], sendo matriz da [[orde de San Bieito]] en España ata o século XVI.
Así, a Abadía converteuse na máis importante do [[Camiño de Santiago]], chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de [[provincia de Segovia|Segovia]]. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por [[Clemente VI]] en 1347; con [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], en 1403 podíanse cursar xa os estudos de [[Teoloxía]], Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa [[Universidade de Salamanca]] e proveu de catedráticos á de [[Universidade de Alcalá de Henares|Alcalá de Henares]], sendo matriz da [[orde de San Bieito]] en España ata o século XVI.


O número inicial dos seus habitantes non baixou de 8.000. Díxose vila e non cidade por ser señorío non episcopal, aínda que soamente a 50 anos da súa carta poboacional tiña xa 12.000 habitantes.
O número inicial dos seus habitantes non baixou de 8.000. Díxose vila e non cidade por ser señorío non episcopal, aínda que soamente a 50 anos da súa carta poboacional tiña xa 12.000 habitantes.

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2012 ás 12:46

Panorámica de Sahagún

Sahagún é unha vila e municipio, situada no sureste da León, na comunidade autónoma de Castela e León. Contaba en 2008 con 2.858 habitantes.

Historia

Xorde a poboación á beira dun mosteiro, consagrado ós Santos Facundo e Primitivo. Este mosteiro foi destruído e reconstruído varias veces, e adquiriu gran importancia no reinado de Afonso III "O Magno", chegando ó seu maior esplendor no reinado de Afonso VI, quen concede, o 25 de novembro de 1085, un vantaxoso foro con leis e exencións a cantos quixesen vir poboar a nova vila de San Facundo. É o coñecido como Foro de Sahagún, concedido ao abade e á vila; este feito conduciu a un extraordinario crecemento en tódolos sentidos do mosteiro e da vila. A importancia da congregación monástica foi tal que foi denominado o "Cluny español", e á sombra do mosteiro naceu un dos burgos máis importantes da Baixa Idade Media Hispana. A vila converteuse nun dos focos culturais máis importantes da nosa historia e entre os seus muros conviviron homes das máis distintas razas e culturas, desde comerciantes francos e doutras nacionalidades ata mudéxares, xudeus, e doutras diversas etnias.

Nalgún momento a tensión entre os burgueses comerciantes, artesáns... deu lugar a situacións conflitivas. Neste sentido, as revoltas burguesas facundinas contra o abusivo poder abacial, son paradigma en toda a Coroa de Castela Medieval tanto pola súa importancia como polo coñecemento que diso se ten (destacan tamén as de Santiago de Compostela).

O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas Crónicas Anónimas. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as rebelións burguesas sucedidas entre 1237 e 1255.

Así, a Abadía converteuse na máis importante do Camiño de Santiago, chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de Segovia. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por Clemente VI en 1347; con Bieito XIII, en 1403 podíanse cursar xa os estudos de Teoloxía, Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa Universidade de Salamanca e proveu de catedráticos á de Alcalá de Henares, sendo matriz da orde de San Bieito en España ata o século XVI.

O número inicial dos seus habitantes non baixou de 8.000. Díxose vila e non cidade por ser señorío non episcopal, aínda que soamente a 50 anos da súa carta poboacional tiña xa 12.000 habitantes.

O correr dos séculos trouxo a progresiva decadencia da vila e da súa Abadía, proceso acentuado coa desamortización de Mendizábal, que acabou case definitivamente coa intensa vida relixiosa da vila desde tempos de Afonso VI.