Diferenzas entre revisións de «Poliamina»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
→‎Papel biolóxico: célula eucariótica
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Poliamin)
m (→‎Papel biolóxico: célula eucariótica)
As poliaminas máis importantes das plantas son a [[putrescina]] (unha diamina), a [[espermidina]] (unha triamina) e a [[espermina]] (unha tetraamina). Debido á súa natureza policatiónica, poden unirse e estabilizar a polímeros ricos en cargas negativas como é o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]],<ref>{{cita libro| autor = Prescott, L.M. | título = Microbiología | año = 199 | editorial = McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U. | id = ISBN 84-486-0261-7 }}</ref> pero tamén a [[fosfolípido]]s e [[proteína]]s.<ref name="azcón-bieto" /> Ditas funcións poropóñense igualmente para animais e microorganismos.
 
Un exemplo da súa importancia é que cando a súa síntese está inhibida, o [[ciclo celular]] deténse ou vai máis lento, a non ser que se engadan exoxenamente. A maioría das células [[célula eucariótica|células eucariota]]s posúen un [[transporte de membrana|sistema de transporte]] de poliaminas situado na [[membrana plasmática]] que facilita a captación de poliaminas exóxenas. Dito sistema, de vital importancia en tecidos animais que se encontran en proliferación, é unha diana farmacolóxica no desenvolvemento de novos [[quimioterapia|compostos quimioterapéuticos]].<ref>Wang, C.; Delcros, J.-G.; Cannon, L.; Konate, F.; Carias, H.; Biggerstaff, J.; Gardner, R.; Phanstiel, O. Defining the molecular requirements for the selective delivery of polyamine-conjugates into cells containing active polyamine transporters. J. Med. Chem. 2003, 46, 5129-5138.</ref>
 
As poliaminas tamén funcionan como importantes moduladores de diversas [[canles iónicas]], como os [[receptor NMDA|receptores NDMA]] e os [[receptor AMPA|receptores AMPA]]. Bloquean os canais de entrada de potasio na célula, mantendo o gradiente de K<sup>+</sup> na célula.
109.504

edicións

Menú de navegación