Pelopia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
a partir da wikipedia inglesa
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2012 ás 19:48

Pelopia, máis raramente coñecida como Mnesiphae,[1] é unha figura da mitoloxía grega, a filla de Tiestes.

Mito

Tiestes estivera a loitar co seu irmán Atreo polo trono de Micenas durante algún tempo, ao tempo que tiña unha relación amorosa con Aérope, a muller de Atreo. Como vinganza por esta relación, Atreo matou os fillos de Tiestes e llos serviu nun banquete, Tiestes xurou vinganza. Un oráculo vaticionou a Tiestes que se tiña un fillo coa súa propia filla, Pelopia, este seu fillo podería matar a Atreo. Así cando Pelopia, que estaba en Sición na corte do rei, se achegou á beira do río para lavar as súas roupas que se mancharan con sangue durante un sacrifio ritual foi atacada e violada por Tiestes que cubría a súa cara para que non o recoñecera, pero ela logroulle quitar a espada. Pouco despois, Atreo chegou a Sición na procura de seu irmán e pensando que Pelopia era filla de Tesproto, pediulle a man e Tesproto concedeulla sen lle revelar a verdade. Como Pelopia estaba preñada por Tiestes, axiña pariu a Existo abandonándoo. Criado por un sobreviviu. Un peguleiro atopou o neno e deullo a Atreo, que o educou como fillo propio. Cando xa o fillo era adulto, Tiestes foi capturado por Agamenón e Menelao en Delfos e levoullo a Atreo, quen llo enviou a Existo para que o matase. Existo levaba a espada que unha vez pertencera a Tiestes, a que lle quitara Pelopia; Tiestes recoñeceuna e preguntoulle a Existo sobre dela. Existo chamou a Pelopia, e contoulle como a arma chegara a ela. Logo de recoñecer a Tiestes e o feito que el fora o violador, Pelopia matouse coa espada de seu pai. Existo entón matou a Atreo e restauroulle o reino a Tiestes.[2][3][4]

Notas

  1. Tzetzes, Quiliadas, 1. 453
  2. Hixino, Fabulae, 87-88, 243
  3. Escolio sobre Eurípides, Orestes, 14
  4. Eliano, Varia historia, 12. 24