Sátiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
insiro modelo
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
Os sátiros, relacionados coas [[Ménades]], forman o ''cortexo dionisíaco'' que acompaña ó deus [[Dioniso]]. Poden estar tamén asociados co deus [[Pan (deus)|Pan]].
Os sátiros, relacionados coas [[Ménades]], forman o ''cortexo dionisíaco'' que acompaña ó deus [[Dioniso]]. Poden estar tamén asociados co deus [[Pan (deus)|Pan]].


Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade [[home]], metade [[cabuxa]] ou [[carneiro]], con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante velosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Por veces tamén se representan sátiros femias. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a [[pantera]] (atributo do deus Dioniso).
Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade [[home]], metade [[cabuxa]] ou [[Ovella|carneiro]], con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante velosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Por veces tamén se representan sátiros femias. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a [[pantera]] (atributo do deus Dioniso).


As representacións [[romano|romanas]] confundían ós sátiros cos [[fauno]]s, que adoitaban ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.
As representacións [[romano|romanas]] confundían ós sátiros cos [[fauno]]s, que adoitaban ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2012 ás 19:06


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Sátiro.

Un sátiro (en grego Σάτυρος, Sátyros) é unha criatura da mitoloxía grega na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.

Os sátiros, relacionados coas Ménades, forman o cortexo dionisíaco que acompaña ó deus Dioniso. Poden estar tamén asociados co deus Pan.

Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade home, metade cabuxa ou carneiro, con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante velosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Por veces tamén se representan sátiros femias. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a pantera (atributo do deus Dioniso).

As representacións romanas confundían ós sátiros cos faunos, que adoitaban ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.

As representación aparecen en diversas idades da vida. Os pequenos son chamados satyriscoi e aparecen como mozos graciosos: o sátiro Anapauomenos ("en descanso"), atribuído ó escultor Praxíteles é un bo exemplo. Os sátiros maiores son chamados silenos, polo deus Sileno ou Pan, preceptor de Dionisio, é aparecen representados cunha grande fealdade. Adoitan portar copas ou tirsos nas mans, en actitude de bailar coas ninfas.

Criaturas semellantes ós sátiros aparecen noutras mitoloxías, como o Leszi eslavo, ou a carantoña, que se di habita nos bosques do noroeste da Península Ibérica. Normalmente trátase de criaturas de carácter festivo, burleiro e descarado, amigos da festa e do bo viño, cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta. Na mitoloxía cristiá a figura do sátiro foi traspasada ó diaño.

Ligazón externas