Georges Florovski: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Pensamento: Oración (relixión)
Xián (conversa | contribucións)
supoño que o pensamento estará tirado das súas obras e non serán consideracións persoais
Liña 4: Liña 4:


==Pensamento==
==Pensamento==
Especialista nos [[Pais da Igrexa]], considerou que había que volver a unha teoloxía baseadada na experiencia espiritoal e na celebración comunitaria da [[liturxia]]. Aquí é onde radica a superioridade da [[Igrexa Ortodoxa]] fronte ao autoritarismo e a especulación racionalista e xurídica da [[ Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]. A doutrina ortodoxa non se ensina nas aulas senón que é unha vivencia que se proclama no templo. A [[Oración (relixión)|oración]] non é un conxunto de peticións senón un camiño que nos introduce no espazo do divino que transforma o interior e nos abre ao exterior rachando a individualidade illada.
Especialista nos [[Pais da Igrexa]], considerou que había que volver a unha teoloxía baseadada na experiencia espiritual e na celebración comunitaria da [[liturxia]]. Aquí, segundo el, é onde radica a superioridade da [[Igrexa Ortodoxa]] fronte ao autoritarismo e a especulación racionalista e xurídica da [[ Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]. A doutrina ortodoxa non se ensina nas aulas senón que é unha vivencia que se proclama no templo. A [[Oración (relixión)|oración]] non é un conxunto de peticións senón un camiño que nos introduce no espazo do divino que transforma o interior e nos abre ao exterior rachando a individualidade illada.


Rexeita a visión xurídica da redención como expiación, propia do catolicismo. Ve en [[Xesús de Nazareth]] ao ilimitado no limitado, a natureza divina asumindo a humana co fin de sanar o feble e completar o deficiente: ''en Cristo non só se revelou o sentido da existencia humana, senón que se realizou''. Para Florovsky, a [[marioloxía]] non é senón un aspecto da [[cristoloxía]], baseado na condición de ''theotocos'' (nai de Deus). Así mesmo, nos santos non se desliza unha idolatría senón a veneración á deificación da natureza humana, o amor de Deus cara eles e neles. A deificación non é un fenómeno ontolóxico senón unha comunión persoal con Deus que inunda coa súa presenza a existencia humana.
Rexeita a visión xurídica da redención como expiación, propia do catolicismo. Ve en [[Xesús de Nazareth]] ao ilimitado no limitado, a natureza divina asumindo a humana co fin de sanar o feble e completar o deficiente: ''en Cristo non só se revelou o sentido da existencia humana, senón que se realizou''. Para Florovsky, a [[marioloxía]] non é senón un aspecto da [[cristoloxía]], baseado na condición de ''theotocos'' (nai de Deus). Así mesmo, nos santos non se desliza unha idolatría senón a veneración á deificación da natureza humana, o amor de Deus cara eles e neles. A deificación non é un fenómeno ontolóxico senón unha comunión persoal con Deus que inunda coa súa presenza a existencia humana.

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2012 ás 20:34

Georges Florovski (en ruso Георгий Васильевич Флоровский), nado en Odessa o 23 de agosto de 1893 e finado en Princenton o 11 de agosto de 1979, foi un pensador e teólogo ruso.

Perseguido polo réxime soviético, instaluse en Francia onde foi profesor no Instituto de San Serxio en París. Ensinou tamén en Harvard e en Princenton.

Pensamento

Especialista nos Pais da Igrexa, considerou que había que volver a unha teoloxía baseadada na experiencia espiritual e na celebración comunitaria da liturxia. Aquí, segundo el, é onde radica a superioridade da Igrexa Ortodoxa fronte ao autoritarismo e a especulación racionalista e xurídica da Igrexa Católica. A doutrina ortodoxa non se ensina nas aulas senón que é unha vivencia que se proclama no templo. A oración non é un conxunto de peticións senón un camiño que nos introduce no espazo do divino que transforma o interior e nos abre ao exterior rachando a individualidade illada.

Rexeita a visión xurídica da redención como expiación, propia do catolicismo. Ve en Xesús de Nazareth ao ilimitado no limitado, a natureza divina asumindo a humana co fin de sanar o feble e completar o deficiente: en Cristo non só se revelou o sentido da existencia humana, senón que se realizou. Para Florovsky, a marioloxía non é senón un aspecto da cristoloxía, baseado na condición de theotocos (nai de Deus). Así mesmo, nos santos non se desliza unha idolatría senón a veneración á deificación da natureza humana, o amor de Deus cara eles e neles. A deificación non é un fenómeno ontolóxico senón unha comunión persoal con Deus que inunda coa súa presenza a existencia humana.