Pilar García Negro: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: es:Pilar García Negro |
|||
Liña 80: | Liña 80: | ||
[[ca:María Pilar García Negro]] |
[[ca:María Pilar García Negro]] |
||
[[es:Pilar García Negro]] |
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2012 ás 17:15
Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.
Traxectoria
Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.
Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.
Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle "Leccións de Literatura e de Lingua" con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.
Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Vilar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.
Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988) e deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo.
Obra
Ensaio
- O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991, Edicións do Cumio).
- Sempre en galego (1993, 1999, Laiovento).
- Direitos lingüísticos e control político (2000, Laiovento).
- Arredor de Castelao (2001, A Nosa Terra).
- María Mariño no ronsel das escritoras galegas (2007, Laiovento).
- Xosé María Álvarez Blázquez: Claro mencer do tempo... (2008, Deputación da Coruña).
- De fala a lingua: un proceso inacabado (2009, Laiovento).
- O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010, Sotelo Blanco).
- Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010, Laiovento).
- Outramente... (2012, Laiovento).
Edicións e estudos
- A gente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero; Teatro, de Jenaro Marinhas del Valle (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
- Poesia galega, de Valentín Lamas Carvajal (1998, Edicións do Castro).
- Confusión de María Balteira, de Marica Campo (2006, Universidade da Coruña). Edición e estudo introdutorio da obra.
- El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas, de Rosalía de Castro (2006, Sotelo Blanco). Edición e estudo introdutorio.
Traducións
- Rosalía de Castro. Notas biográficas, de Augusto González Besada (2004, A Nosa Terra).
- Idioma e poder social, de Rafael L. Ninyoles (2005, Laiovento). Tradución con Antonio Molexón Domínguez.
Obras colectivas
- Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas (1980, AS-PG/Xistral).
- 33 aproximacións á literatura e á língua galega (1984, 1990, Edicións do Castro). Coeditora con Xosé María Dobarro.
- Castelao contra a manipulación (1984, Xistral).
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
- O fidalgo, de Xesús San Luis Romero (1986, Edicións do Castro). Coeditora con Xosé María Dobarro.
- O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995, AS-PG), en colaboración con Xoán Costa Casas.
- Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX: antoloxía (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Edición con Anxo Gómez Sánchez e Francisco Rodríguez.
- A literatura galega do pre-renacemento: (1808-1863) (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Edición con Anxo Gómez Sánchez.
- Obra literaria e xornalística: antoloxía, de Valentín Lamas Carvajal (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Edición con Anxo Gómez Sánchez e Mercedes Queixas.
- Manuel María (2001, Ophiusa).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Bautista Álvarez, 40 anos da UPG, 40 perguntas (2005, Fundación Bautista Álvarez).
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza (2005, Baía Edicións).
- Actas do Congreso Manuel María, Literatura e Nación: (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005) (2009, Universidade da Coruña/AS-PG). Edición con Diego Pardo Amado.
- Sobre o racismo lingüístico (2009, Laiovento). Coeditora con Celia María Armas García.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
- Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano (2011, A. C. Alexandre Bóveda).
Premios
- XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco no 2010, por O clamor da rebeldía.
- Premio AELG na modalidade de ensaio no 2011, por O clamor da rebeldía.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Pilar García Negro.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pilar García Negro |