Retórica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Erretorika
Liña 37: Liña 37:
[[es:Retórica]]
[[es:Retórica]]
[[et:Retoorika]]
[[et:Retoorika]]
[[eu:Erretorika]]
[[fa:بلاغت]]
[[fa:بلاغت]]
[[fi:Retoriikka]]
[[fi:Retoriikka]]

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2012 ás 20:02


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define esta como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.

A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:

Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.

Ligazóns relacionadas

Modelo:Link FA